Ir o contido principal
Volver a ToponHisp
  • Consulta do dicionario
  • Resultados do proxecto
  • Bibliografía
  • Fontes
  • Acceso investigadores
esglcaeupt-ptast

Baltar

Baltar

Tipoloxía ou caracterización xeográfica

Concello
Idioma do topónimo
Galego

Étimo

BALTARIUS
Germánico
Deantroponímico » Nome persoal

Resumo xeral

De BALTARII, xenitivo do nome medieval de posesor Baltarius, de orixe xermánica.

Aspectos xeográficos, históricos, administrativos

O concello constituíuse en 1836. O Couto Mixto, un territorio fronteirizo con Portugal que tiña unha xurisdición propia, integrouse en Baltar en 1864, co Tratado de Lisboa. Posteriormente, os lugares de Ribiás e Santiago adscribíronse ao concello de Calvos de Randín, en 1870, polo que quedou só en Baltar o lugar das Maus.

Información específica de étimo para este topónimo

O nome persoal rexístrase na documentación do occidente peninsular con certa frecuencia desde o séc. VIII: Baltarius 714 TCaaveiro e coa forma galega desde o IX: Balteiro 883 DipAstur. O seu uso toponímico a partir do xenitivo, desde o XI: "uilla Baltar" 1059 CartularioGuimarães, "Sancti Felicis de Baltar" (o de Pastoriza) 1122 TLourenzá. Véxase tamén Balteiro.

Documentación histórica

Antiga e medieval

  • "villa quod vocitant Baltar" 1092 TCelanova
  • "villam quam dicunt Baltar territorio Salar, subtus mons Larauco" 1097 TCelanova

Moderna

  • "Feligresia de San Barholomé de Baltar" 1753 CME-Baltar.
  • "BALTAR:  ayunt. en la prov. y dióc. de Orense (7 leg.), aud. terr. y c.g. de la Coruña (32), part. jud. de Ginzo de Limia (2) ... Pobl.: 489 vec., 2.455 alm." 1847 DicMadoz.

Cognados e topónimos relacionados

Amais deste concello, onde tamén hai parroquia e lugar, hai outras dúas parroquias con este nome e cadanseu lugar, en Melide (Co) e Pastoriza (Lu), xunto con 17 lugares por toda Galicia e tres en Portugal (Porto, Viseu). O plural, Os Baltares (Ordes, Co), debe facer referencia ao apelido dos seus habitantes.

Deste mesmo nome procede Balteiro, a partir do acusativo, que tamén nomeou catro localidades en Portugal.

Ana Boullón:  "Baltar", 

en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org 

[consultado en 12-05-2025].
Data: 23/03/2024
3824
no-portugues

Coordenades:-7.714343956 41.95375505

As coordenadas no estado español proceden do IGE

×Cerrar

Visualización de capas

One fine body…

Close Save changes
Transcrición fonética
balˈtaɾ
Audio
Provincia
Ourense
Poboación (INE)
884 (2023)

Xentilicio e alcumes colectivos

Xentilicio(s)

Baltarés, -esa

Pseudoxentilicio(s)
Sen datos

Antropónimos orixinados polo topónimo

Apelido
Baltar
783 ocurrencias
Fonte: CAG

O concello de Baltar (tamén lugar e parroquia) foi un dos focos do apelido. Outro, correspondente ós portadores de concellos do norte de Lugo, debe ser a aldea do concello de Vicedo.

Baltar
Nome
Non xerou nome persoal

Bibliografía específica

Non hai bibliografía

Sinaturas

Redacción: Ana Boullón

O proxecto I+D+I Toponomasticon Hispaniae está financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. A presente aplicación contou cunha axuda para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas da Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Políticas de privacidade
  • Políticas de cookies
  • Contacto
-
-
-
-