Pobra do Brollón, A
Tipoloxia o caracterització xeogràfica
Étimo
Resum general
Topónimo composto por Pobra, derivado regresivo do verbo pobrar, procedente do latín populare, e Brollón,derivado quizais do nome persoal Braulione, probablemente prerromano.
Aspectes geogràfics, històrics, administratius
En 1984, a Comisión de Toponimia da Xunta de Galicia, estableceu como oficial a denominación Pobra do Brollón (canda Pobra do Caramiñal e Pobra de Trives) para substituír a forma deturpada Puebla. Pobra non é a única forma usada na Idade Media, tamén se rexistran Pobla e Proba (tamén con v ou u). Porén, a elección da variante arcaica Pobla non sería coherente coas formas nobre e igrexa; e a de Proba implicaría a homonimia co substantivo común proba. Ademais, como se pode comprobar na documentación medieval actualmente dispoñible, Pobra era a variante máis frecuente, polo que p 03/02/1994, Puebla del Brollón pasou a nomearse A Pobra do Brollón (VariacionesMunicipios).
Documentació històrica
Antiga i medieval
"et inde per termino de sancto Petro, et inde per Braulione, et inde per Castro sancti, et inde per Ferrarios", 1050 TSamos p. 285-287.
"hun moyo de çenteo por teega dereita da Prova do Brooloon", 1397 CDOseira vol. III p. 463
"Roy Nunnes, morador ena Ploba de Brolõõ", 1422 CDFPantón p. 177
"Gonçaluo Peres, de Castroverde, escriuano del Rey noso senor et notario publico ena proba de Brollon", 1479 DocSponer p. 69
Moderna
Paisatge toponímic proper
No mesmo concello atopamos o lugar de Brollón, ademais da Pobra do Brollón, tamén lugar do concello ao que dá nome; e no concello de Pantón (Lugo), Palacio_TopPantón (p. 417) rexistra o o microtopónimo Brollón. Do nome Braulio viría tamén o nome de lugar Dombrollo (concello de Friol, Lu).
Cognats i topònims relacionats
En territorio galego existen algúns cognados coa mesma evolución:
- Lugares: A Pobra de Parga (Guitiriz, Lu) e A Pobra (Mesía, Co).
- Parroquias: A Pobra de San Xiao (Láncara, Lu)
- Concellos: A Pobra de Trives (Ou) e A Pobra do Caramiñal (Co).
Tamén existen outros con variación. Por unha banda, presentan metátese r:
- A Proba (lugares na Guarda, Po, Oleiros, Co), A Proba de Burón (parroquia da Fonsagrada, Lu), A Proba de Navia (parroquia de Navia de Suarna, Lu), A Proba (parroquia de O Barco de Valdeorras, Ou), Proba (parroquia de Navia de Suarna, Lu), así como os derivados Probaos (parroquia de Cesuras, Co) e Probeiros (Monforte de Lemos, Lu).
Por outra banda, manifestan unha desaparición do -l- ao quedar en posición intervocálica:
- A Póboa (parroquia de Cacheiras, Teo, A Coruña); así tamén os derivados Poboeiros (parroquia de Castro Caldelas, Ourense), Poboanza (parroquia de Pazos de Rei, en Tui, Pontevedra) e Pobanza (parroquia de Castenda, Tordoia, A Coruña).
Este último resultado é o máis semellante ao portugués moderno, Póvoa, que a pesar de que coñeceu tamén os resultados Pobra e Pobla na Idade Media, acabou regularizándoos todos como Póvoa.
en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org