Ir o contido principal
Volver a ToponHisp
  • Consulta do dicionario
  • Resultados do proxecto
  • Bibliografía
  • Fontes
  • Acceso investigadores
esglcaeupt-ptast

Pobra do Brollón, A

Pobra do Brollón, A

Tipoloxía ou caracterización xeográfica

Concello
Idioma do topónimo
Galego

Étimo

*PŎPŬLA
Romance
Hábitat humano » Poboación
BRAULIONE
Incierto
Deantroponímico » Nome persoal

Resumo xeral

Topónimo composto por Pobra, derivado regresivo do verbo pobrar, procedente do latín populare, e Brollón,derivado quizais do nome persoal Braulione, probablemente prerromano. 

Aspectos xeográficos, históricos, administrativos

En 1984, a Comisión de Toponimia da Xunta de Galicia, estableceu como oficial a denominación Pobra do Brollón (canda Pobra do Caramiñal e Pobra de Trives) para substituír a forma deturpada Puebla. Pobra non é a única forma usada na Idade Media, tamén se rexistran Pobla e Proba (tamén con v ou u). Porén, a elección da variante arcaica Pobla non sería coherente coas formas nobre e igrexa; e a de Proba  implicaría a homonimia co substantivo común proba. Ademais, como se pode comprobar na documentación medieval actualmente dispoñible, Pobra era a variante máis frecuente, polo que p 03/02/1994, Puebla del Brollón pasou a nomearse A Pobra do Brollón (VariacionesMunicipios). 

 

 

Documentación histórica

Antiga e medieval

"et inde per termino de sancto Petro, et inde per Braulione, et inde per Castro sancti, et inde per Ferrarios", 1050 TSamos p. 285-287.

"hun moyo de çenteo por teega dereita da Prova do Brooloon", 1397 CDOseira vol. III p. 463

"Roy Nunnes, morador ena Ploba de Brolõõ", 1422 CDFPantón p. 177

"Gonçaluo Peres, de Castroverde, escriuano del Rey noso senor et notario publico ena proba de Brollon", 1479 DocSponer p. 69

 

 

Moderna

"En la villa de la Puebla del Brollon", 1752  CME.

Puebla del Brollon, 1806-1870 DicMadoz.

 

Paisaxe toponímica próxima

No mesmo concello atopamos o lugar de Brollón, ademais da Pobra do Brollón, tamén lugar do concello ao que dá nome; e no concello de Pantón (Lugo), Palacio_TopPantón (p. 417) rexistra o o microtopónimo Brollón. Do nome Braulio viría tamén o nome de lugar Dombrollo (concello de Friol, Lu).

Cognados e topónimos relacionados

En territorio galego existen algúns cognados coa mesma evolución: 

  • Lugares: A Pobra de Parga (Guitiriz, Lu) e A Pobra (Mesía, Co).
  • Parroquias: A Pobra de San Xiao (Láncara, Lu)
  • Concellos: A Pobra de Trives (Ou) e A Pobra do Caramiñal (Co).

Tamén existen outros con variación. Por unha banda, presentan metátese r:

  • A Proba (lugares na Guarda, Po, Oleiros, Co), A Proba de Burón (parroquia da Fonsagrada, Lu), A Proba de Navia (parroquia de Navia de Suarna, Lu), A Proba (parroquia de O Barco de Valdeorras, Ou), Proba (parroquia de Navia de Suarna, Lu), así como os derivados Probaos (parroquia de Cesuras, Co) e Probeiros (Monforte de Lemos, Lu).

Por outra banda, manifestan unha desaparición do -l- ao quedar en posición intervocálica: 

  • A Póboa (parroquia de Cacheiras, Teo, A Coruña); así tamén os derivados Poboeiros (parroquia de Castro Caldelas, Ourense), Poboanza (parroquia de Pazos de Rei, en Tui, Pontevedra) e Pobanza (parroquia de Castenda, Tordoia, A Coruña).

Este último resultado é o máis semellante ao portugués moderno, Póvoa, que a pesar de que coñeceu tamén os resultados Pobra e Pobla na Idade Media, acabou regularizándoos todos como Póvoa. 

 

Eduardo Louredo Rodríguez:  "Pobra do Brollón, A", 

en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org 

[consultado en 11-05-2025].
Data: 02/11/2022
897
no-portugues

Coordenades:-7.392426 42.556696

As coordenadas no estado español proceden do IGE

×Cerrar

Visualización de capas

One fine body…

Close Save changes
Transcrición fonética
aˈpɔβɾa̝ðoβɾoˈʎoŋ
Audio
Provincia
Ourense
Poboación (INE)
1.615

Xentilicio e alcumes colectivos

Xentilicio(s)

pobrense?

brollonés, brollonesa?

Pseudoxentilicio(s)

guímaros (Ditados tópicos)

Antropónimos orixinados polo topónimo

Apelido
Non xerou apelido
Nome
Non xerou nome persoal

Bibliografía específica

Non hai bibliografía

Sinaturas

Redacción: Eduardo Louredo Rodríguez

Revisión: Ana Isabel Boullón Agrelo, Antón Palacio e Paula Bouzas.

O proxecto I+D+I Toponomasticon Hispaniae está financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. A presente aplicación contou cunha axuda para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas da Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Políticas de privacidade
  • Políticas de cookies
  • Contacto
-
-
-
-