Carnota
Tipología o caracterización geográfica
Étimo
Resumen general
Contén a raíz prerromana *kar- 'duro', 'pedra' (IEW), a partir do tema alongado kar-n-, en referencia a un terreo pedregoso. Véxanxe tamén con esta raíz o étimo *CARAMBA e o topónimo Carambo.
Aspectos geográficos, históricos, administrativos
Pertencente á tribo dos supertamarcos, pobo celta da Gallaecia, Carnota foi tamén territorio medieval documentado desde o século IX e condado pertencente á Igrexa compostelá. O concello recibe o nome da parroquia e localidade homónimas.
Documentación histórica
Antigua e medieval
- "In Carnota ecclesia Pintani in Sentes et ecclesia Gaudiosi..." 830 HistoriaCatedralSantiago
- "comitatu Karnota" 1011 HistoriaCatedralSantiago
- "terram quam dicunt Carnotam" 1028 ESagrada
Moderna
Cognados y topónimos relacionados
Carnota é tamén nome dunha parroquia do concello de Alenquer, en Portugal.
en Toponimia gallega, portuguesa y asturiano-leonesa, PID2024-159776OB-C41, proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae Toponomasticon Hispaniae. Prolongación antroponímica y proyección americana (ToponHisp-PA), financiado/a por MICIU/AEI/10.13039/501100011033. http://toponhisp.org