Ir o contido principal
Volver a ToponHisp
  • Consulta do dicionario
  • Resultados do proxecto
  • Bibliografía
  • Fontes
  • Acceso investigadores
esglcaeupt-ptast

Carnota

Carnota

Tipoloxía ou caracterización xeográfica

Concello
Idioma do topónimo
Galego

Étimo

CARNOTA
Prerromano
Oronimia

Resumo xeral

Contén a raíz prerromana *kar- 'duro', 'pedra' (IEW), a partir do tema alongado kar-n-, en referencia a un terreo pedregoso. Véxanxe tamén con esta raíz o étimo *CARAMBA e o topónimo Carambo.

Aspectos xeográficos, históricos, administrativos

Pertencente á tribo dos supertamarcos, pobo celta da Gallaecia, Carnota foi tamén territorio medieval documentado desde o século IX e condado pertencente á Igrexa compostelá. O concello recibe o nome da parroquia e localidade homónimas.

Documentación histórica

Antiga e medieval

  • "In Carnota ecclesia Pintani in Sentes et ecclesia Gaudiosi..." 830 HistoriaCatedralSantiago
  • "comitatu Karnota" 1011 HistoriaCatedralSantiago
  • "terram quam dicunt Carnotam" 1028 ESagrada

 

Moderna

  • San Mamed de Carnota" 1553 AHUS
  • "Interrogatorio de San Mamed / San Mamede de Carnota" 1761 CCME

Cognados e topónimos relacionados

Carnota é tamén nome dunha parroquia do concello de Alenquer, en Portugal.

Luz Méndez:  "Carnota", 

en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org 

[consultado en 12-05-2025].
Data: 06/09/2024
2369
no-portugues

Coordenades:-9.088848 42.8222

As coordenadas no estado español proceden do IGE

×Cerrar

Visualización de capas

One fine body…

Close Save changes
Transcrición fonética
kaɾˈnɔta̝
Audio
Provincia
A Coruña
Poboación (INE)
3845 (2022)

Xentilicio e alcumes colectivos

Xentilicio(s)

carnotán, -a

Pseudoxentilicio(s)
Sen datos

Antropónimos orixinados polo topónimo

Apelido
Carnota
787 ocurrencias
Fonte: Cartografía dos Apelidos de Galicia
Carnota
Apelido
Carnoto
30 ocurrencias
Fonte: Cartografía dos Apelidos de Galicia

O apelido debeu nacer como forma festiva para denominar un individuo de Carnota.

Carnoto
Nome
Non xerou nome persoal

Bibliografía específica

Non hai bibliografía

Sinaturas

Redacción: Luz Méndez

O proxecto I+D+I Toponomasticon Hispaniae está financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. A presente aplicación contou cunha axuda para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas da Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Políticas de privacidade
  • Políticas de cookies
  • Contacto
-
-
-
-