Viladesuso
Tipología o caracterización geográfica
Étimo
Resumen general
Composto de vila (<lat. VILLA), a preposición de e o adverbio suso 'de arriba', do lat. SURSU.
Aspectos geográficos, históricos, administrativos
Parroquia do concello de Oia que ten como advocación san Miguel.
Documentación histórica
Antigua e medieval
Moderna
- "Villadesuso (San Miguel). ... Su iglesia fue construida en 1788" GGReinoGalicia.
Cognados y topónimos relacionados
A voz vila é a máis frecuente entre as palabras comúns da toponimia galega: aparece en 885 lugares, tanto nos chamados nomes de posesores, de formación altomedieval (Vilalvite, Vilasantar...) coma en compostos máis ou menos transparentes: Vilaboa, Vilachá, Vilacova, Vilamaior, Vilaverde, Vilanova... (Boullón_2021).
O adverbio suso foi moi produtivo en Galicia na composición de topónimos: aparece en case 50 lugares do NG, amais de nesta parroquia. Co mesmo composto, Viladesuso, hai tres lugares (Cedeira e Ponteceso, Co, e Catoira, PoI), con grafía diferencianciando as palabras, Vila de Suso, outras tres (A Baña, Boimorto, Co, Catoira, Po), sen preposición (Vilasuso, 21 lugares),sen máis elementos léxicos (Suso, O Suso) e en diferentes composicións: Angueira de Suso, Casaldesuso, A Casusa, Condesuso, Ferreira de Suso, Lume de Suso, Susavila, Susovila, Valdesuso, Vilar de Suso.
A partir de sursum formouse o adx. susanus, -a, -um 'de baixo', que vemos nos topónimos compostos Bande Susaos, Barrasusá (A Peroxa, Ou), Camposusao (Xove, Lu), Fontesusán (Rianxo, Co), Lamasusán (Pazos de Borbén, Lu) e, de forma independente, coa terminación feminina en Susá (Pol, Taboada3, Lu), coa masculina en Susao (Monforte, Lu) e Susaus (O Castro de Caldelas, Ou).
Para o dominio castelán, véxase Barriosuso.
en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org