Caínzos, Os
Tipología o caracterización geográfica
Étimo
Resumen general
Do substantivo caínzo, variante de canizo (< lat. CANNĪCIU). A voz común designa unha "estrutura con varas ou paus" para varias utilidades concretas (véxase o DRAG); a motivación toponímica procede da acepción, hoxe desusada, de 'pequenas construcións, casetas ou cabanas' (Navaza_Fitotoponimia).
Aspectos geográficos, históricos, administrativos
Lugar da parroquia de Cambas, concello de Aranga (Co).
Cognados y topónimos relacionados
En Galicia hai varios topónimos que presentan esta forma. A variante Caínzo é propia da zona setentrional de Galicia (O Caínzo ou Os Caínzos nos concellos de Aranga, Barreiros, Pastoriza, Lugo Ribadeo e Xove), e, coa palatalización da vogal final, Caínce, en San Sadurniño (Co).
Outra variante é canizo: O Canizo, parroquia da Gudiña (Ou) e lugares en Nigrán e Vigo (Po). Canices (Piñor, Our) presenta palatalización da vogal final e está testemuñado desde a Idade Media:
- "villa de Canices" 1271 CDOseira.
- "Pero Domingez de Canizes" 1305 CDOseira.
Tamén se documenta un plural Canizos no territorio de Lemos, hoxe non identificado:
- "in loco predicto ubi dicunt Canizos ecclesie vocabulo Sancti Christovali iuxta flumen discurrente Mineo territorio Lemaus" 933 TCelanova.
En portugués, Caniço (Braga, Aveiro, Ilha da Madeira), o plural Caniços (Aveiro) e o diminituvo Caniçó (< lat. CANNICĪŎLU).
Véxase tamén a forma feminina A Caniza.
Para outros derivados da mesma raíz, vid. Navaza_Fitotoponimia 57.10, 57.11
en Toponimia gallega, portuguesa y asturiano-leonesa, PID2024-159776OB-C41, proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae Toponomasticon Hispaniae. Prolongación antroponímica y proyección americana (ToponHisp-PA), financiado/a por MICIU/AEI/10.13039/501100011033. http://toponhisp.org