Ir o contido principal
Volver a ToponHisp
  • Consulta do dicionario
  • Resultados do proxecto
  • Bibliografía
  • Fontes
  • Acceso investigadores
esglcaeupt-ptast

Caínzos, Os

Caínzos, Os

Tipoloxía ou caracterización xeográfica

Lugar
Idioma do topónimo
Galego

Étimo

CANNĪCIU
Latino
Fitonimia

Resumo xeral

Do substantivo caínzo, variante de canizo (< lat. CANNĪCIU). A voz común designa unha "estrutura con varas ou paus" para varias utilidades concretas (véxase o DRAG); a motivación toponímica procede da acepción, hoxe desusada, de 'pequenas construcións, casetas ou cabanas' (Navaza_Fitotoponimia).

Aspectos xeográficos, históricos, administrativos

Lugar da parroquia de Cambas, concello de Aranga (Co).

Cognados e topónimos relacionados

En Galicia hai varios topónimos que presentan esta forma. A variante Caínzo é propia da zona setentrional de Galicia (O Caínzo ou Os Caínzos nos concellos de Aranga, Barreiros, Pastoriza, Lugo Ribadeo e Xove), e, coa palatalización da vogal final, Caínce, en San Sadurniño (Co).

Outra variante é canizo: O Canizo, parroquia da Gudiña (Ou) e lugares en Nigrán e Vigo (Po). Canices (Piñor, Our) presenta palatalización da vogal final e está testemuñado desde a Idade Media:

  • "villa de Canices" 1271 CDOseira.
  • "Pero Domingez de Canizes" 1305 CDOseira.

Tamén se documenta un plural Canizos no territorio de Lemos, hoxe non identificado:

  • "in loco predicto ubi dicunt Canizos ecclesie vocabulo Sancti Christovali iuxta flumen discurrente Mineo territorio Lemaus" 933 TCelanova.

En portugués, Caniço (Braga, Aveiro, Ilha da Madeira), o plural Caniços (Aveiro) e o diminituvo Caniçó (< lat. CANNICĪŎLU). 

Véxase tamén a forma feminina A Caniza.

Para outros derivados da mesma raíz, vid. Navaza_Fitotoponimia 57.10, 57.11

Ana Boullón:  "Caínzos, Os", 

en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org 

[consultado en 12-05-2025].
Data: 05/06/2024
4833
no-portugues

Coordenades:-7.94085309 43.27342796

As coordenadas no estado español proceden do IGE

×Cerrar

Visualización de capas

One fine body…

Close Save changes
Transcrición fonética
oskaˈinθo̝s
Provincia
A Coruña
Poboación (INE)
6 (2023)

Xentilicio e alcumes colectivos

Xentilicio(s)
Sen datos
Pseudoxentilicio(s)
Sen datos

Antropónimos orixinados polo topónimo

Apelido
Caínzos
961 ocurrencias
Fonte: CAG
Caínzos
Nome
Non xerou nome persoal

Bibliografía específica

Non hai bibliografía

Sinaturas

Redacción: Ana Boullón

O proxecto I+D+I Toponomasticon Hispaniae está financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. A presente aplicación contou cunha axuda para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas da Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Políticas de privacidade
  • Políticas de cookies
  • Contacto
-
-
-
-