Enciñeira, A
Tipologia edo geografia karakterizazioa
Derivado
Laburpen orokorra
Derivado de enciña (quercus ilex) co sufixo -eira.
Geografi, historia, administrazio alderdiak
Parroquia pertencente ao concello de Quiroga (Lu).
Leku izen honentzako informazio berezkoa
A forma do galego estándar é aciñeira, pero tamén se recollen nos dicionarios as variantes aciña, enciña, enciñeira, enciñeiro, enciño e anciñeiro. Malia esta variedade, non é unha especie demasiado común en Galicia (NavazaFitotoponimia 018). A partir de ILĬCĪNA, as variantes con a- poden explicarse por disimilación da vogal inicial coa vogal tónica í, despois de perderse o -L-. A nasal da variante enciña pode deberse á propagación da nasal palatal da sílaba tónica.
Nos textos medievais só atopamos unha atestación desta voz, cunha forma diferente ó topónimo que tratamos: alcina 1080 TSamos.
Dokumentazio historikoa
Garaikidea
- "coto de Angueiro que se compone de estos lugares: Angueiros, Sexmil, Enzineira y Ameiral" 1753 CME Montefurado.
kognatuak eta erlazionatutako leku izenak
Na toponimia galega non hai máis cognados no NG, pero encontramos un descendente do étimo na oronimia: Serra da Enciña da Lastra (Ou), e diversos derivados na microtoponimia: A Aciñeira (Vilardevós, Cualedro, Ou), As Aciñeiras (Ourense, Ou, Campo Lameiro, Ou), As Enciñeiras (Viana do Bolo, Ou) (GaliciaNomeada), O Enciñal (Manzaneda) (Navaza_Fitotoponimia).
No nomenclátor portugués rexístranse os derivados Azinhal, Azinheira(s), Azinhosa, Azinhoso.
en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org