Ir o contido principal
Volver a ToponHisp
  • Consulta do dicionario
  • Resultados do proxecto
  • Bibliografía
  • Fontes
  • Acceso investigadores
esglcaeupt-ptast

Enciñeira, A

Enciñeira, A

Tipoloxía ou caracterización xeográfica

Parroquia
Idioma do topónimo
Galego

Derivado

ILĬCĪNA » -ARIA/-ARIU

Resumo xeral

Derivado de enciña (quercus ilex) co sufixo -eira.

Aspectos xeográficos, históricos, administrativos

Parroquia pertencente ao concello de Quiroga (Lu).

Información específica de étimo para este topónimo

A forma do galego estándar é aciñeira, pero tamén se recollen nos dicionarios as variantes aciña, enciña, enciñeira, enciñeiro, enciño e anciñeiro. Malia esta variedade, non é unha especie demasiado común en Galicia (NavazaFitotoponimia 018). A partir de ILĬCĪNA, as variantes con a- poden explicarse por disimilación da vogal inicial coa vogal tónica í, despois de perderse o -L-. A nasal da variante enciña pode deberse á propagación da nasal palatal da sílaba tónica.

Nos textos medievais só atopamos unha atestación desta voz, cunha forma diferente ó topónimo que tratamos: alcina 1080 TSamos.

Documentación histórica

Moderna

  • "coto de Angueiro que se compone de estos lugares: Angueiros, Sexmil, Enzineira y Ameiral" 1753  CME Montefurado.

Cognados e topónimos relacionados

Na toponimia galega non hai máis cognados no NG, pero encontramos un descendente do étimo na oronimia: Serra da Enciña da Lastra (Ou), e diversos derivados na microtoponimia: A Aciñeira (Vilardevós, Cualedro, Ou), As Aciñeiras (Ourense, Ou, Campo Lameiro, Ou), As Enciñeiras (Viana do Bolo, Ou) (GaliciaNomeada), O Enciñal (Manzaneda) (Navaza_Fitotoponimia).

No nomenclátor portugués rexístranse os derivados Azinhal, Azinheira(s), Azinhosa, Azinhoso.

Ana Boullón:  "Enciñeira, A", 

en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org 

[consultado en 12-05-2025].
Data: 02/11/2024
2921
no-portugues

Coordenades:-8.45113179 43.25813261

As coordenadas no estado español proceden do IGE

×Cerrar

Visualización de capas

One fine body…

Close Save changes
Transcrición fonética
anθiˈɲejɾa̝, ae̯nθiˈɲejɾa̝,
Audio
Provincia
Lugo
Poboación (INE)
22 (2022)

Xentilicio e alcumes colectivos

Xentilicio(s)
Sen datos
Pseudoxentilicio(s)
Sen datos

Antropónimos orixinados polo topónimo

Apelido
Non xerou apelido
Nome
Non xerou nome persoal

Bibliografía específica

Non hai bibliografía

Sinaturas

Redacción: Ana Boullón

O proxecto I+D+I Toponomasticon Hispaniae está financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. A presente aplicación contou cunha axuda para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas da Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Políticas de privacidade
  • Políticas de cookies
  • Contacto
-
-
-
-