Baltar
Tipologia edo geografia karakterizazioa
Etimoa
Laburpen orokorra
De BALTARII, xenitivo do nome medieval de posesor Baltarius, de orixe xermánica.
Geografi, historia, administrazio alderdiak
O concello constituíuse en 1836. O Couto Mixto, un territorio fronteirizo con Portugal que tiña unha xurisdición propia, integrouse en Baltar en 1864, co Tratado de Lisboa. Posteriormente, os lugares de Ribiás e Santiago adscribíronse ao concello de Calvos de Randín, en 1870, polo que quedou só en Baltar o lugar das Maus.
Leku izen honentzako informazio berezkoa
O nome persoal rexístrase na documentación do occidente peninsular con certa frecuencia desde o séc. VIII: Baltarius 714 TCaaveiro e coa forma galega desde o IX: Balteiro 883 DipAstur. O seu uso toponímico a partir do xenitivo, desde o XI: "uilla Baltar" 1059 CartularioGuimarães, "Sancti Felicis de Baltar" (o de Pastoriza) 1122 TLourenzá. Véxase tamén Balteiro.
Dokumentazio historikoa
Antzinatekoa eta Erdi Arokoa
Garaikidea
kognatuak eta erlazionatutako leku izenak
Amais deste concello, onde tamén hai parroquia e lugar, hai outras dúas parroquias con este nome e cadanseu lugar, en Melide (Co) e Pastoriza (Lu), xunto con 17 lugares por toda Galicia e tres en Portugal (Porto, Viseu). O plural, Os Baltares (Ordes, Co), debe facer referencia ao apelido dos seus habitantes.
Deste mesmo nome procede Balteiro, a partir do acusativo, que tamén nomeou catro localidades en Portugal.
en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org