Skip to main content
Itzuli ToponHisp
  • Consulta del diccionario
  • Resultados del proyecto
  • Bibliografía
  • Fuentes
  • Ikertzaileentzako sarrera
esglcaeupt-ptastan

Castrelo de Miño

Castrelo de Miño

Tipologia edo geografia karakterizazioa

Concello
Parroquia
Idioma del topónimo
Galego

Etimoa

MINIU
Prerromano
Hidrotoponimia » Ur lasterrak

Derivado

CASTRU » -ĚLLA, -ĚLLU

Laburpen orokorra

De CASTRELLU, diminutivo do latín castru co sufixo -ellu, e o nome do río Miño, este de Minei, de orixe prelatina, talvez da raíz indoeuropea *mei- 'andar, camiñar'.

Geografi, historia, administrazio alderdiak

O actual municipio está constituído polos antigos coutos de Astariz e Prado do Miño e polas xurisdiccións de Vide de Miño, Macendo e parte da de Ponte Castrelo do Miño, en concreto dúas parroquias atestadas no Antigo Réxime como Castrelo ou coa forma  castelanizada Puente Castrelo e que só se distinguían polas advocacións de Santa María (a que corresponde hoxe a Castrelo de Miño) e Santo Estevo (Ponte Castrelo). A actual parroquia de Barral é de creación recente e non figura nos nomenclátores ata o de 1960.

No século XVIII, no dicionario de Madoz, o concello e as dúas parroquias mencionadas figuran co nome de Castrelo de Miño, polo que os nomes destas debían alternar entre Castrelo de Miño e Ponte Castrelo. Sobre a ponte que lle deu nome á xurisdición e á actual parroquia de Ponte Castrelo, dise no dicionario de Madoz que foi construída na época de Pedro González Telmo (bispo de Tui no séc. XIII), "que vivió en sus inmediaciones",que constaba de oito arcos e que a destruíu unha nogueira que quedou atascada nun dos seus arcos durante unha enchente [DicMadoz, s.v. Castrelo de Miño (Sta. María)].

 

Leku izen honentzako informazio berezkoa

Nas atestacións máis temperás, en latín, o topónimo rexístrase como Castelo de Mineo ~ Castello de Mineo, co primeiro elemento na variante sen <r> castellu, de onde a voz común galega e portuguesa castelo, cast. castillo, cat. castell, ast. castiellu, le. castiello e arag. castiello e castell.

Dokumentazio historikoa

Antzinatekoa eta Erdi Arokoa

  • "hereditatem nostram quam habemus in Castelo de Mineo" a.1211 CDMelón
  • "Castello de Mineo" a.1222 CDMelón
  • "in cellario meo de Castrello et de Ripa Aviae" a.1213 CDLugoCañizares

Garaikidea

  • "feligresía de Santa María de Castrelo, jurisdición del mismo nombre" a.1762 CCME-Castrelo de Miño
  • "Libro personal de legos de la feligresía de Santa María de Puentecastrelo" a.1762 CCME-CastrelodeMiño
  • "CASTRELO DE MIÑO; ayuntamiento en la prov. y dióc. de Orense" a.1847 DicMadoz

kognatuak eta erlazionatutako leku izenak

Ademais de localidades chamadas Castrelo e Castrelos, tamén hai  en Galicia outros compostos como Castrelo do Val, Castrelo de Abaixo, Castrelo de Cima, Castrelo de Arriba, Entrecastrelos, Penacastrelo, e os derivados Castreliños e Castrillón. O nomenclátor de Portugal recolle o lugar e parroquia de Castrelos e o lugar de Ponte Castrelos, no concello de Braganza.

No resto da Península encontramos Castrillo, máis frecuente en compostos, en Burgos, León, Palencia, Santander, Segovia, Valladolid e Zamora. Tamén os derivados Castrillino en León; Castrillejo en Palencia;  e Castrillón en Asturias.

Luz Méndez:  "Castrelo de Miño", 

en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org 

[consultado en 28-11-2025].
Data: 08/11/2025
4967
no-portugues

Coordenadas: -8.096366 42.294173

Las coordenadas en el estado español proceden del IGE

×Cerrar

Visualización de capas

One fine body…

Close Save changes
Transcripción fonética
kasˈtɾelo̝ðeˈmiɲo̝
Audio
Probintzia
Ourense
Bizilagunak
1.337 (2023)

Herritarren izena eta talde izengoitiak

Herritarren izena(k)

castrelense

Sasigentilizioak
Daturik ez

Leku izenak sortutako jende izenak

Abizena
Castrelo
235 ocurrencias
Iturria: Cartografía dos Apelidos de Galicia

Aínda que non podemos descartar que este topónimo ourensán xerase algún apelido, pola distribución, parece que o foco principal é o nome da parroquia de Castrelo, en Cambados (Po).

Izena
Ez du jende izenik sortu

Bibliografia berezia

Bibliografiarik ez dago

Sinadurak

Erredakzioa: Luz Méndez

Ministerio de ciencia
Xunta de Galicia
Instituto da Lingua Galega
UPNA
UAM
Universidad de Zaragoza

MCIN/AEI/10.23039/501100011033k finantzatu du Toponomasticon Hispaniae I+D+I proiektua. Aplikazio honek Galiziako Xuntak ikerketa guneen finkapenerako eta egituraketarako ematen dituen laguntzetako bat izan zuen.

Menú del pie

  • Pribatutasun politikak
  • Cookies politikak
  • Harremanetarako
-
-
-
-