Ir o contido principal
inicio
  • Consulta do dicionario
  • Resultados do proxecto
  • Bibliografía
  • Fontes
  • Acceso investigadores
esglcaeupt-ptast

TABŬLĀTA

TABŬLĀTA

Latino
Oronimia » Chaira

O latín tabŭlāta 'pequena construción feita con táboas' (DuCange) deriva de tabŭlo, e este de tabŭla ‘prancha de madeira’. A súa motivación toponímica pode ser a mesma da acepción latina (probablemente aplicada a unha ponte de madeira) ou deberse a súa extensión metafórica ao terreo da orografía: de 'cuberto de táboa' a 'terreo plano'. Tamén se utiliza en hidronimia para designar as zonas dun río con augas mansas.

Deu lugar a distintos topónimos na Península Ibérica: en Galicia, con dúas evolucións diverxentes: Taboada e Trabada (con derivados Taboadela, Taboadelo); en Portugal: Tabuados, Tablado, Tablados (e os derivados Taboadela/Tabuadela, Taboadelo/Tabuadelo); en Asturias: Trabada, Trabáu, Tabláu (e os derivados Tabladiello e Tabladiel); en León: Tabladas (e o derivado Trabadelo); en castelán, Tablada, Tabladas, Tablado (e o derivado Tabladillo e o composto Bustablado); en catalán:Taulat, Taulada.

Atéstase no noroeste peninsular desde o séc. VIII: "in montem super Tabulata" 775 CDCatedralLeón 1, pp. 3-5.

 

Sinaturas

Redacción: Ana Boullón

Contribucións: Toribio Fuente Cornejo.

Ana Boullón:
" TABŬLĀTA ",
en Toponomasticon Hispaniae, proxecto financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org
Data: 01/04/2025

Topónimos vinculados a este étimo

Galego

Lugo
Trabada
Lugo
Taboada

Topónimos derivados

+ ELLU

Salamanca
Castelán
Trabadillo

-ellu

León
Castelán
Tabladillo
Ministerio de ciencia
Xunta de Galicia
Instituto da Lingua Galega
UPNA
UAM
Universidad de Zaragoza

O proxecto I+D+I Toponomasticon Hispaniae está financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. A presente aplicación contou cunha axuda para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas da Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Políticas de privacidade
  • Políticas de cookies
  • Contacto
-
-
-
-