Subproxecto 1b
Toponimia asturiano-leonesa
Este subproxecto ocúpase da toponimia de Asturias, León, Zamora e Salamanca. Unha boa parte deste territorio pertence ao dominio lingüístico asturiano-leonés. As linguas implicadas son o asturiano e o castelán. Seleccionouse para a primeira fase un total de 240 topónimos do conxunto do territorio atendendo á densidade toponímica, ao volume e tradición de estudos toponímicos e á maior representatividade do dominio que supón o caso de Asturias pola súa situación no que respecta á vitalidade, transmisión e respaldo administrativo da lingua asturiana. Na selección procurouse unha representación dos diferentes tipos de topónimos segundo a división tradicional de topónimos de base antroponímica e topónimos de base léxica (con posible motivación hidronímica, oronímica, fitonímica etc.).
Topónimos destacados do grupo
Forma de cita:
en Toponimia gallega, portuguesa y asturiano-leonesa, PID2024-159776OB-C41, proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae Toponomasticon Hispaniae. Prolongación antroponímica y proyección americana (ToponHisp-PA), financiado/a por MICIU/AEI/10.13039/501100011033. http://toponhisp.org

