Ir o contido principal
Volver a ToponHisp
  • Consulta do dicionario
  • Resultados do proxecto
  • Bibliografía
  • Fontes
  • Acceso investigadores
esglcaeupt-ptast

Almuíña

Almuíña

Tipoloxía ou caracterización xeográfica

Lugar
Idioma do topónimo
Galego

Étimo

MÚNYA
Árabe
Hábitat humano » Agricultura

Resumo xeral

Do árabe múnya 'horta', 'casa de campo con terras'.

Aspectos xeográficos, históricos, administrativos

Aldea da parroquia de Gondulfe, no concello de Taboada (Lu).

Información específica de étimo para este topónimo

A palabra debeu estar de uso ata finais da Idade Media, como indican as atestacións medievais:

  • "outra leira de herdade et de vina que jaz ẽno Chaao de Leiro a su almuna" 1420 CDSClodioRibeiro.
  • "hũa nossa leyra d'erdade que jas ẽno fondo da Almuna" 1395 CDRamirás [editado erroneamente como Almunia. Non está claro aquí se ten valor léxico ou xa toponímico]

Por estas atestacións parece que presentou dúas evolucións diverxentes, unha con palatalización do grupo NJ (almuña) e outra con metátese do iode e palatalización subseguinte do grupo -INA: Almuíña. Esta é a que se consolidou na toponimia galega. A primeira citada rexístrase noutras áreas da toponimia hispánica: Almuña, Armuña.

As documentacións medievais máis antigas como topónimo encontrámolas en documentos leoneses e portugueses:

  • "hereditate de Arnado scilicet de Almunia et Pozo" 1083 LPCoimbra
  • "sub castello Sancti Martini de Latronibus que dicitus casal Facucu et aliam leiram dos Prados et aliam de Almunia" 1236 TFiães

Documentación histórica

Moderna

  • "Almuiña. l. en la prov. de Lugo, ayunt. de Taboada y felig. de San Lorenzo de Gondulfe. Pobl.: 7 vec. 38 almas" 1847 DicMadoz.

Cognados e topónimos relacionados

En Galicia, amais deste topónimo, figuran no NG catro A Almuíña: en Arbo, A Caniza e Pontevedra (Po) e en Boborás (Ou). En GaliciaNomeada aparecen outras 32 formas, a maioría no suroeste de Pontevedra, pero hai algúns tamén no norte de Lugo (Foz, Barreiro). Tamén encontramos atestacións antigas, hoxe non localizadas, como unha herdade de Almuíña, xunto a aldea de Rabiáns, en San Xiao de Vea (A Estrada, Po), en 1611 (ACS).

En Portugal, Almuinha en Braga.

Ana Boullón:  "Almuíña", 

en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org 

[consultado en 12-05-2025].
Data: 02/11/2024
4836
no-portugues

Coordenades:-7.81398392 42.71067431

As coordenadas no estado español proceden do IGE

×Cerrar

Visualización de capas

One fine body…

Close Save changes
Transcrición fonética
almuˈiɲa̝
Provincia
Lugo
Poboación (INE)
14 (2023)

Xentilicio e alcumes colectivos

Xentilicio(s)
Sen datos
Pseudoxentilicio(s)
Sen datos

Antropónimos orixinados polo topónimo

Apelido
Almuíña
436 ocurrencias
Fonte: CAG

Os portadores de Almuíña están concentrados en dúas zonas: unha luguesa, co foco de expansión en Almuíña (Gondufe, Taboada) e outra ourensá e pontevedresa, procedente desde unha das A Almuíña de Arbo ou da Caniza. 

Almuíña
Nome
Non xerou nome persoal

Bibliografía específica

Non hai bibliografía

Sinaturas

Redacción: Ana Boullón

Topónimos Almuíña  na toponimia e na microtoponimia (Galicia nomeada)

Topónimos Almuíña na toponimia e na microtoponimia (Galicia nomeada)

O proxecto I+D+I Toponomasticon Hispaniae está financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. A presente aplicación contou cunha axuda para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas da Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Políticas de privacidade
  • Políticas de cookies
  • Contacto
-
-
-
-