Ir o contido principal
Volver a ToponHisp
  • Consulta do dicionario
  • Resultados do proxecto
  • Bibliografía
  • Fontes
  • Acceso investigadores
esglcaeupt-ptast

Antas de Ulla

Antas de Ulla

Tipoloxía ou caracterización xeográfica

Concello

Étimo

ANTA
Prerromano
Hábitat humano » Edificación
ULIA
Prerromano
Hidronimia » Corriente

Resumo xeral

O topónimo Antas de Ulla resulta da unión entre o termo anta ‘menhir’, ‘dolmen’, procedente dunha palabra prerromana indoeuropea co significado de ‘linde, estrema, marco' (DCECH s.v. anta), máis Ulia, outra palabra prerromana procedente da raíz hidronímica indoeuropea *wel- ‘facer xirar’ (Bascuas_1999).  

Aspectos históricos e administrativos

O nome orixinario da parroquia actual de Antas de Ulla foi Seoane, hoxe pronunciado /so'ane/, que procede do xenitivo Sancti Iohanni (Piel_Santos) ‘San Xoán’, patrón da vila. Co tempo, xeneralizouse a denominación do concello (Antas)  ata que no decreto de 1916 (Méndez_2016) para evitar confusións entre municipios homónimos (neste caso, coa localidade almeriense Antas), estableceuse que se denominase Antas de Ulla. A pesar disto, ata ben entrada a década de 1970 a vila de Antas de Ulla foi coñecida pola denominación tradicional, que permanece aínda no lugar e rúa de Seoane e nas instalacións deportivas do Castro de Seoane. Na actualidade poucas veces se emprega o topónimo composto e os habitantes do concello fan uso maioritariamente só do primeiro termo: Antas.   

Antigamente, o territorio estaba dividido en dúas xurisdicións: a de Amarante (composta polas parroquias de mesmo nome e cuxo xuíz ordinario era nomeado polo Conde de Amarante) e a de Peibás (formada polas parroquias de Peibás, Agüela, Amoexa, Arcos, Casa de Naia, Cebreiro, Olveda, Queixeiro, Santiso, Vilanuñe e Vilouriz (hoxe descoñecida), na que exercían señorío varios partícipes, entre eles o convento de Santa María de Melide (A Coruña).  

Información específica de étimo para este topónimo

Antas

Temos constancia de que no pasado foron moi abondosos no concello os prados con antas, isto é, “pedras grandes chantadas no chan, en particular as usadas para cerrar un terreo ou para soster un muro” (DRAG). Neste sentido, Sarmiento (OELG II 52-53) expón que “muchos lugares tomaron el nombre de las disposiciones de un peñasco, v.g. (...) Antas de unas altas losas que están como estacas, plantadas en algún sitio”. 

Ulla

É o río que nace na parroquia de Olveda deste concello. Ten a cunca máis importante de Galicia, despois da do Miño, cunha extensión de 2.764 km2, e nomea a comarca da Ulloa, por onde discorre (GEG s.v. Ulla).

Documentación histórica

Antiga e medieval

  • “ecclesiam sancti Iohannis de Antas” 1210 CDVilarDonas, pp. 202-203 
  • “et cum magistro uenerit ad Sanctum Iohannem de Antas seruiat ei cum aliquio uictu sciendum ergo quod Sancia Luz et filli eius omnem utilitatem querant et sint professi” 1216 CDVilarDonas p. 206-208 
  • “[...] a qual herdade ias su signo de Sayoane das Antas, et outra herdade que o dicto noso moesteyro ha en Bilaane” 1390 CDVilarDonas, p. 302 
  • Seyoane das Antas 1390 CDVilarDonas, p. 302 
  • “iglesia de Seyoanne das Antas” 1473 CDVilarDonas, p. 498 
  • “ẽna fregesya de San Juan das Antas, o qual dicto lugar et casar bos aforamos con todas suas entradas et saydas [...]” 1499 CDVilarDonas, p. 493 

Moderna

  • San Juan das Antas ~ Santas 1752 CME 
  • Santas ó Antas 1806-1870 DicMadoz 

Cognados na mesma área lingüística

Antas 

En territorio galego existen outros cognados, tanto en singular (A Anta (lugar en Aranga, Co; Coirós, Co; Cotobade, Po), coma en plural: a parroquia de Antas (A Lama, Po) e os lugares As Antas (Beariz. Ou; Boborás, Ou; O Irixo, Ou; Rodeiro, Po; Salvaterra do Miño, Po) y Antas (A Lama, Po). 

Tamén hai derivados co sufixo -ĔLLA: Antela (lugares nos concellos das Neves e Ponteareas, amais dunha lagoa desecada na Limia).

Ulla

En territorio galego existen outros cognados coa mesma evolución; os topónimos citados localízanse no curso do río que lles dá nome:

  • Lugares: Ulla (A Estrada, Po; Palas de Rei, Lu), Ribadulla (Antas de Ulla, Lu, Padrón, Co, A Estrada, Po)
  • Parroquias: A Ponte Ulla (Vedra, Co), Ribadulla (Santiso, Lu), San Mamede de Ribadulla (Vedra, Co), Santa Cruz de Ribadulla (Vedra, Co). 

 

Ana Boullón:
" Antas de Ulla ",

en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org 

[consultado en 30-03-2023].
Data: 18/03/2023
153
no-portugues

Coordenadas: -7.773689 42.606371

Las coordenadas en el estado español proceden del IGE

×Cerrar

Visualización de capas

One fine body…

Close Save changes
Lema
Antas de Ulla
Transcripción fonética
ˈanta̝sˈðe̯uʎa̝ ~ ˈanta̝sˈðuʎa
Audio
Provincia
Lugo
Poboación (INE)
1918 (2022)

Xentilicio e alcumes colectivos

Xentilicio(s)

Seoanés, seoanesa; ullán, ulla; ullao, ullá

Pseudoxentilicio(s)
Sen datos

Antropónimos orixinados polo topónimo

Apelido
Antas
237 ocurrencias
Fonte: CAG

Apelido
Ulla
291 ocurrencias
Fonte: CAG

Nome
Non xerou nome persoal

Bibliografía específica

Ares Vázquez, Nicandro. 2009. “Toponimia do Concello de Antas de Ulla”, Lucensia: miscelánea de cultura e investigación 38, 97-122

Sinaturas

Redacción: Ana Boullón

Revisión: -

Contribuciones puntuales: -

O proxecto I+D+I Toponomasticon Hispaniae está financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. A presente aplicación contou cunha axuda para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas da Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Políticas de privacidade
  • Políticas de cookies
  • Contacto
-
-
-
-