Ir o contido principal
Volver a ToponHisp
  • Consulta do dicionario
  • Resultados do proxecto
  • Bibliografía
  • Fontes
  • Acceso investigadores
esglcaeupt-ptastan

Barbadás

Barbadás

Tipoloxía ou caracterización xeográfica

Concello
Idioma do topónimo
Galego

Étimo

*BARBATA
Incierto
Escuro

Derivado

BARBATA » -ANES

Resumo xeral

O posible étimo, *BARBATANIS ou BARBATANES, pode ser un fitónimo, derivado de barbada 'sarmento con raíces para o plantío de viñas' ou un hidrónimo prerromano, derivado da raíz *bher- ‘brotar, fluír’.

 

Aspectos xeográficos, históricos, administrativos

O concello creouse co nome castelanizado de Valenzana, polo lugar e parroquia da Valenzá (FariñaJamardo_1990). En 1857, porén, toma o nome do lugar de Barbadás (Barbadanes). A forma galega lexítima non se restitúe ata 1985 (VariacionesMunicipios). 

Información específica de étimo para este topónimo

Como apunta Gonzalo Navaza_Fitotoponimia, a terminación podería corresponder a un plural en -ALES, pero as atestacións medievais (-aens, -anes, -anis) apuntan a un étimo rematado en -ANES (acusativo plural) ou -ANIS (xenitivo dun nome de posesor xermánico). Ademais, en Portugal hai Barbadães, que podería ter a mesma orixe. do Agora ben, non se localiza ningún nome xermánico ao que se poida asociar. Así as cousas, pódese ter en conta un derivado do fitónimo barbada, que aparece nos dicionarios galegos como ''sarmento con raíces para o plantío de viñas' ou, como suxire Bascuas_2014, ter orixe prerromana. Este autor propón un derivado da raíz *bher- ‘brotar, fluír’. A falta doutros datos, a dúbida entre as dúas posibilidades persiste noutras formas toponímicas: Barbeira, Barbadelo, e os ríos andaluces Barbata (Granada), Barbate (Cádiz). En Barbadás, a situación a carón do río Barbaña é favorabale á motivación hidronimica, pero a fitonímica segue a ser posible. En canto ó valor do sufixo, pode ser plural ou xentilicio: ‘os dalgún *Barvada ou *Barbada. En Ribadavia (Ou) existiu un lugar Barbada, non idenficado e hoxe aparentemente desaparecido: contra aquam de Barvada 1224, ad Barvadam 1228, casam de Barvada 1234, cortinale da Barvada 1270 (CDOseira).

A terminación –ás (< ANIS) é a propia do bloque central (DialectGal), onde se sitúa todo o concello de Barbadás. Esa mesma terminación é a que presentan os resultados de -ANES (CANES > cas) e contrasta coas dos bloques occidental (CANES > cans) e oriental (CANES > cais).

 

Documentación histórica

Antiga e medieval

  • "Menendus Salvatoris de Barvadaens, miles" 1221 CDCatOurense p.79-80
  • "in termino de Barvadanes" 1253 CDCatOurense p. 190
  • "et alias duas cupas et unam que sunt in Barbadanis" 1268 CDCatOurense p. 316-318
  • "Rodrigo Eanes de Soutomayor, morador que agora sodes en Barbadaas" 1434 CDSanClodiodoRibeiro p. 659
  • "moradores e pobradores do dito couto de Sobrado e Barbadáas" 1447 CDDevanceiros p. 49
  • "Juan de Seoane, juyz de Barbadás" 1447 CDDevanceiros p. 49

Moderna

  • "san Juan de Barvadanes" 1752 CME - Barbadás - Barbadás
  • "Barbadanes" 1845-1850 DicMadoz

Cognados e topónimos relacionados

Con xénero masculino e sufixo diminutivo -ELLU: Barbadelo, parroquia en Sarria (Lu)

En Portugal,. Barbadães (Braga) e Barbadães de Baixo e Barbadães de Cima (Vilareal).

Eduardo Louredo Rodríguez:  "Barbadás", 

en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org 

[consultado en 01-12-2025].
Data: 10/11/2025
4594
no-portugues

Coordenades:-7.887517 42.299057

As coordenadas no estado español proceden do IGE

×Cerrar

Visualización de capas

One fine body…

Close Save changes
Transcrición fonética
baɾβaˈðas
Audio
Provincia
Ourense
Poboación (INE)
11.140 (2023)

Xentilicio e alcumes colectivos

Xentilicio(s)

Barbadanense

Pseudoxentilicio(s)
Sen datos

Antropónimos orixinados polo topónimo

Apelido
Non xerou apelido
Nome
Non xerou nome persoal

Bibliografía específica

Non hai bibliografía

Sinaturas

Redacción: Eduardo Louredo Rodríguez

Revisión: Ana I. Boullón Agrelo

O proxecto I+D+I Toponomasticon Hispaniae está financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. A presente aplicación contou cunha axuda para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas da Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Políticas de privacidade
  • Políticas de cookies
  • Contacto
-
-
-
-