Ir o contido principal
Volver a ToponHisp
  • Consulta do dicionario
  • Resultados do proxecto
  • Bibliografía
  • Fontes
  • Acceso investigadores
esglcaeupt-ptast

Carambo

Carambo

Tipoloxía ou caracterización xeográfica

Despoboado
Elevación
Idioma do topónimo
Galego

Derivado

CARAMBA » -ĂNU

Resumo xeral

Correspóndese coa voz común carambo 'carambelo, xeo que se forma sobre unha superficie líquida', 'xeo que queda colgando ao conxelarse auga que cae', que provén de CARAMBANU, derivado de CARAMBA, á súa vez constituído pola raíz prerromana *kar- 'pedra' e o tema da mesma orixe amba 'auga', mais o sufixo prelatino átono -ANU.

Información específica de étimo para este topónimo

As formas medievais rematadas en -ao, -au, -oo demostran que carambo provén de CARAMBANUM, forma derivada de caramba, co mesmo sufixo átono de SAMANOS> Samos ou STEPHANUM> Estevo.

Documentación histórica

Antiga e medieval

  • "damos un casal que auemos en esa vila de Canba do Carambao" 1269 CDMontederramo
  • "unu casar in Canba do Caranbau" 1271 CDMontederramo
  • "ena aldea de Canba do Caranboo" 1379 CDMontederramo

Moderna

  • "concejos y vecinos de Toro y Canba de Caranbo" 1600 PARES

Cognados e topónimos relacionados

Ademais deste O Carambo da Serra de San Mamede, que deixa tamén outros microtopónimos como O Corgo do Carambo, A Curva do Corgo do Carambo, GaliciaNomeada rexistra na parroquia de Covas, na Pobra de Trives, outro microtopónimo O Carambo, tipificado como terras, preto da estación de esquí de Cabeza de Manzaneda, e A Pena da Portela do Carambo.

Bascuas cita tamén Caramba (Odemira, Portugal), que el considera a forma primitiva, pero que hoxe non puidemos localizar e, tamén en Portugal, o composto Carambancha (Alenquer) e o Monte Carambô (Vila Viçosa), que xunta ao galego A Carambola (Santa Baia de Castro, Coristanco), que se repite na microtoponimia xunto cos plurais As Carambelas (Foz, Lu) ou As Carambolas (O Pino, Co).

Poderiamos incluír tamén o lugar portugués chamado Carameleiro (Figueiró dos Vinhos) que ten os seus paralelos nos microtopónimos galegos Corgo das Carambeleiras (Lobios, Ou) e Poza da Caramboleira (Redondela, Po).

Luz Méndez:  "Carambo", 

en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org 

[consultado en 12-05-2025].
Data: 05/09/2024
Transcrición fonética
ka'rambo
Provincia
Ourense
Poboación (INE)
Sen datos

Xentilicio e alcumes colectivos

Xentilicio(s)
Sen datos
Pseudoxentilicio(s)
Sen datos

Antropónimos orixinados polo topónimo

Apelido
Non xerou apelido
Nome
Non xerou nome persoal

Bibliografía específica

Non hai bibliografía

Sinaturas

Redacción: Luz Méndez

O proxecto I+D+I Toponomasticon Hispaniae está financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. A presente aplicación contou cunha axuda para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas da Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Políticas de privacidade
  • Políticas de cookies
  • Contacto
-
-
-
-