Ir o contido principal
Volver a ToponHisp
  • Consulta do dicionario
  • Resultados do proxecto
  • Bibliografía
  • Fontes
  • Acceso investigadores
esglcaeupt-ptast

Lourente

Lourente

Tipoloxía ou caracterización xeográfica

Lugar
Idioma do topónimo
Galego

Étimo

LAURENTIUS
Latino
Deantroponímico » Nome persoal

Resumo xeral

De LAURENTII, xenitivo do nome persoal Laurentius, de orixe latina.

Aspectos xeográficos, históricos, administrativos

É un lugar pertencente á parroquia de Saa, na Pobra do Brollón (Lu).

Información específica de étimo para este topónimo

As documentacións deste topónimo datan do século XIII (AresTopGal), pero podemos atopar o xenitivo de Laurentius con valor toponímico en textos galegos desde o X:

  • "ecclesiam sancti Joannis Villa Laurenti" 969 TLourenzá, "castro Laurenti" 975 DocCoruña 166-168.

Documentación histórica

Antiga e medieval

  • "villa que vocatur Laurente", "illius casalis de Lourenti" 1245 CDOseira
  • "casar de Lourente sub signo de Santa Maria de Saa" 1396 CDOseira

Moderna

  • "Lourente: l. en la prov. de Lugo, ayunt. de Puebla del Brollon y felig. de Sta. Maria de Saá. Pobl.: 10 vec., 54 almas" 1845-1850 DicMadoz.

 

Cognados e topónimos relacionados

Aínda que hoxe non se rexistra no NG, existiu un convento chamado San Martiño de Vilalourente ou Vilourente (con haploloxía), castelanizado como Villaoriente (dunha maneira que deforma a súa orixe etimolóxica), situado en Mondoñedo e coñecido como Mosteiro dos Picos (vid. CDVilourente). Neste caso conservouse a palabra vila na formación do topónimo.

Ana Boullón:  "Lourente", 

en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org 

[consultado en 12-05-2025].
Data: 28/04/2025
2662
no-portugues

Coordenades:-7.368929 42.576042

As coordenadas no estado español proceden do IGE

×Cerrar

Visualización de capas

One fine body…

Close Save changes
Transcrición fonética
lowɾenˈte
Provincia
Lugo
Poboación (INE)
9 (2022)

Xentilicio e alcumes colectivos

Xentilicio(s)
Sen datos
Pseudoxentilicio(s)
Sen datos

Antropónimos orixinados polo topónimo

Apelido
Non xerou apelido
Nome
Non xerou nome persoal

Bibliografía específica

Non hai bibliografía

Sinaturas

Redacción: Ana Boullón

O proxecto I+D+I Toponomasticon Hispaniae está financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. A presente aplicación contou cunha axuda para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas da Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Políticas de privacidade
  • Políticas de cookies
  • Contacto
-
-
-
-