Ir o contido principal
Volver a ToponHisp
  • Consulta do dicionario
  • Resultados do proxecto
  • Bibliografía
  • Fontes
  • Acceso investigadores
esglcaeupt-ptast

Marín

Marín

Tipoloxía ou caracterización xeográfica

Lugar
Concello
Parroquia
Idioma do topónimo
Galego

Étimo

MARINUS
Latino
Deantroponímico » Nome persoal

Resumo xeral

De MARINI, xenitivo do nome persoal Marinus, de orixe latina.

Aspectos xeográficos, históricos, administrativos

A raíña Orraca concedeu o couto de Marín en 1112 ao cabaleiro Diego Arias de Deza. Cando este se retirou ao mosteiro de Oseira, o couto quedou vinculado como priorado a este mosteiro durante varios séculos (e por iso figuran dous osos no seu escudo oficial), ata que as Cortes de Cádiz suprimiron os señoríos xurisdicionais, en 1811. Pouco despois converteuse en concello (1835).

Documentación histórica

Antiga e medieval

  • "donationis de illas hereditates quas habeo in terra de Morrazu, videlicet, Marin" 1112 CDOseira [Concesión da raíña Urraca a Diego Arias de Deza do couto de Marín]
  • "villa que vocatur Marin, et iacet in terra de Murrazu" 1151 CDOseira
  • "San Juyao do Valle" [nome antigo da parroquia; a advocación actual segue a ser san Xián] ... "a graña de Marín" 1287 CDMaia.
  • "San Juyao do Val de Marin" 1320 (AHN), apud Rivas 1982:329.

Moderna

  • "villa y puerto de Santa María de Marín" 1752 CME-Marín.
  • "MARÍN: ayunt. en la prov. y part. jud. de Pontevedra (1 leg.), aud. terr. y c.g. de la Coruña (19), dióc. de Santiago (9). ... Pobl.: 1.514 vec., 5.619 almas" 1848 DicMadoz.

Cognados e topónimos relacionados

Amais deste concello, hai tres lugares no NG que se chaman Marín, nos concellos de Nigrán, Silleda (Po) e Melide (Co). E está presente en composición en varios máis (véxase Portomarín)

Ana Boullón:  "Marín", 

en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org 

[consultado en 12-05-2025].
Data: 28/04/2025
4881
no-portugues

Coordenades:-8.698978231 42.39282938

As coordenadas no estado español proceden do IGE

×Cerrar

Visualización de capas

One fine body…

Close Save changes
Transcrición fonética
maˈɾiŋ
Audio
Provincia
Pontevedra
Poboación (INE)
24.197 (2023)

Xentilicio e alcumes colectivos

Xentilicio(s)

Marinense

Pseudoxentilicio(s)

Peixiños, peixeiros (DTG)

Antropónimos orixinados polo topónimo

Apelido
Marín
892 ocurrencias
Fonte: CAG

Dada a actual dispersión do apelido, non é fácil determinar de onde proceden. En todo caso, pola concentración que demostra en certas áreas, parece que os focos principais foron o concello pontevedrés e o lugar de Marín, en Melide.

Marín
Nome
Non xerou nome persoal

Bibliografía específica

Rivas Quintas, Elixio (1982): Toponimia de Marín. Anexo 18 de Verba. Santiago: Universidade de Santiago de Compostela.

Sinaturas

Redacción: Ana Boullón

Escudo de Marín cos dous osos de Oseira

Escudo de Marín cos dous osos de Oseira

O proxecto I+D+I Toponomasticon Hispaniae está financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. A presente aplicación contou cunha axuda para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas da Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Políticas de privacidade
  • Políticas de cookies
  • Contacto
-
-
-
-