Ir o contido principal
Volver a ToponHisp
  • Consulta do dicionario
  • Resultados do proxecto
  • Bibliografía
  • Fontes
  • Acceso investigadores
esglcaeupt-ptast

Portomarín

Portomarín

Tipoloxía ou caracterización xeográfica

Lugar
Concello
Parroquia
Idioma do topónimo
Galego

Étimo

PŎRTU
Latino
Hidronimia » Masas
MARINUS
Latino
Deantroponímico » Nome persoal

Resumo xeral

Composto de porto, do lat. portus 'paso dun río', en referencia á ponte sobre o río Miño, e Marín, procedente de MARINI, xenitivo do nome de posesor Marinus, de orixe latina. 

Aspectos xeográficos, históricos, administrativos

O territorio de Portomarín é coñecido desde a Alta Idade Media pola ponte sobre o río Miño; de feito, tamén recibe o nome de Pons Minei. Na Idade Media foi unha parada importante no Camiño de Santiago, e contaba cun hospital de peregrinos e unha igrexa fortaleza da orde de Malta, construída entre os séc. XI e XIII. En 1962 construíuse o encoro de Belesar, que asolagou 300 ha. de terreo de cultivo e obrigou a construír unha nova poboación; a igrexa trasladouse á nova localización.

O concello creouse en 1835 coa forma castelanizada Puertomarín así consta ata o nomenenclátor oficial de 1970. Coa chegada da democracia recuperou o seu nome orixinal, Portomarín.

Documentación histórica

Antiga e medieval

  • "In terra de Porto Marini" 897 CDVisLugo
  • "uillam suam Portumarini , que est in ripa Minei" 993 TASantiago
  • "Regalengo Porto Marini" 1078 TVLugo
  • "in territorio Portomarini" 1107 CDVisLugo
  • "Pauperibus Hospitalis de Portomarini" 1202 DocLugoCañizares
  • "Tome Eanes, notario publico de Portomarin" 1285 CDVilarDonas

Moderna

  • "En la feligresía de la villa de San Pedro de Puerto Marín" 1752 CME-Portomarín.
  • "PUERTO-MARÍN: ayunt. en la porv. y dióc. de Lugo (4 1/2 leg.), aud. terr. y  c. g. de la Coruña (19) y part. jud. de Chantada (5). ... Pobl.: 655 vec., 3.274 alm." 1840 DicMadoz

Cognados e topónimos relacionados

Amais da forma plena, Marín (concello en Po, lugares en Nigrán e Silleda, Po), en Galicia existen outros compostos co xenitivo do nome persoal Marinus: Fontemarín (Vilalba, Lu), Lamamarín (Chantada, Lu; para a primeira parte do composto, véxase LAMA), Pardemarín (A Estrada, Po), antigamente Parada Marín 1419 DocCodeseda (véxase tamén Parderrubias), Valmarín (Irixoa, Co), Vilamarín (O Corgo, Abegondo, Monforte, Vilamarín).

En Portugal tamén hai Marim (Faro) e Vila Marim (Vilareal).

Ana Boullón:  "Portomarín", 

en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org 

[consultado en 12-05-2025].
Data: 02/10/2024
4874
no-portugues

Coordenades:-7.615982844 42.80768725

As coordenadas no estado español proceden do IGE

×Cerrar

Visualización de capas

One fine body…

Close Save changes
Transcrición fonética
poɾtomaˈɾiŋ
Audio
Provincia
Lugo
Poboación (INE)
1.345 (2023)

Xentilicio e alcumes colectivos

Xentilicio(s)

Portomarinense

Pseudoxentilicio(s)
Sen datos

Antropónimos orixinados polo topónimo

Apelido
Non xerou apelido
Nome
Non xerou nome persoal

Bibliografía específica

Ares Vázquez, Nicandro (1999): “Toponimia do concello de Portomarín”, Lucensia 19, 359-372.

Sinaturas

Redacción: Ana Boullón

O proxecto I+D+I Toponomasticon Hispaniae está financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. A presente aplicación contou cunha axuda para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas da Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Políticas de privacidade
  • Políticas de cookies
  • Contacto
-
-
-
-