Marín
Tipologia ou caracterização geográfica
Étimo
Resumo geral
De MARINI, xenitivo do nome persoal Marinus, de orixe latina.
Aspetos geográficos, históricos, administrativos
A raíña Orraca concedeu o couto de Marín en 1112 ao cabaleiro Diego Arias de Deza. Cando este se retirou ao mosteiro de Oseira, o couto quedou vinculado como priorado a este mosteiro durante varios séculos (e por iso figuran dous osos no seu escudo oficial), ata que as Cortes de Cádiz suprimiron os señoríos xurisdicionais, en 1811. Pouco despois converteuse en concello (1835).
Documentação histórica
Antiga e medieval
- "donationis de illas hereditates quas habeo in terra de Morrazu, videlicet, Marin" 1112 CDOseira [Concesión da raíña Urraca a Diego Arias de Deza do couto de Marín]
- "villa que vocatur Marin, et iacet in terra de Murrazu" 1151 CDOseira
- "San Juyao do Valle" [nome antigo da parroquia; a advocación actual segue a ser san Xián] ... "a graña de Marín" 1287 CDMaia.
- "San Juyao do Val de Marin" 1320 (AHN), apud Rivas 1982:329.
Moderna
Cognatos e nomes de lugares relacionados
Amais deste concello, hai tres lugares no NG que se chaman Marín, nos concellos de Nigrán, Silleda (Po) e Melide (Co). E está presente en composición en varios máis (véxase Portomarín)
en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org