Feces de Abaixo
Tipoloxía ou caracterización xeográfica
Étimo, evolución, motivación
Resumen general
De FĒLĬCĬS, xenitivo do nome persoal FĒLĬX, de orixe latina, con evolución irregular.
Aspectos históricos e administrativos
Parroquia do concello de Verín. Existe outra, no mesmo concello e estremeira con esta, Feces de Cima.
Información específica de étimo para este topónimo
O resultado Feces presenta unha particularidade, pois parece proceder dun étimo con Ĭ, que explicaría o e tónico, mentres que os demais topónimos teñen antecedente nunha forma con Ī, como demostran os resultados con -i- (Fiz, Fins).
Por outro lado, procede do xenitivo, o que non é habitual nos topónimos que non son nomes de posesor (véxase, por exemplo, Vilafiz). A causa pode ser o seu uso en expresións como ec(c)lesia santi Felicis "igrexa de San Félix".
Documentación histórica
Antigua y medieval
- "per illa fontana frigida de Felzes et inde per Soveroso" 1086 Costa_BragaLiberFidei.
- "omnj hereditate mea quam habeo de matre mea in Fezes" 1252 CDMontederramo.
- "Fezes de juſſaos" 1292 CDMaia_1986
Moderna
Cognados
Véxase Vilafiz.
en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org