Ir o contido principal
Volver a ToponHisp
  • Consulta do dicionario
  • Resultados do proxecto
  • Bibliografía
  • Fontes
  • Acceso investigadores
esglcaeupt-ptastan

Feces de Abaixo

Feces de Abaixo

Tipoloxía ou caracterización xeográfica

Lugar
Parroquia
Idioma do topónimo
Galego

Étimo

FĒLĪX
Latino
Deantroponímico » Nome persoal

Resumo xeral

De FĒLĬCĬS, xenitivo do nome persoal FĒLĬX, de orixe latina, con evolución irregular.

Aspectos xeográficos, históricos, administrativos

Parroquia do concello de Verín. Existe outra, no mesmo concello e estremeira con esta, Feces de Cima.

Información específica de étimo para este topónimo

O resultado Feces presenta unha particularidade, pois parece proceder dun étimo con Ĭ, que explicaría o e tónico, mentres que os demais topónimos teñen antecedente nunha forma con Ī, como demostran os resultados con -i- (Fiz, Fins).

Por outro lado, procede do xenitivo, o que non é habitual nos topónimos que non son nomes de posesor (véxase, por exemplo, Vilafiz). A causa pode ser o seu uso en expresións como ec(c)lesia santi Felicis "igrexa de San Félix".

Documentación histórica

Antiga e medieval

  • "per illa fontana frigida de Felzes et inde per Soveroso" 1086 Costa_BragaLiberFidei.
  • "omnj hereditate mea quam habeo de matre mea in Fezes" 1252 CDMontederramo.
  • "Fezes de juſſaos" 1292 CDMaia_1986

Moderna

  • "Santa María de Feces de Auajo" [na primeira páxina, erroneamente, figura Feas de Avaxo) 1753 CME
  • "FECES DE ABAJO (Santa María de): felig. en la prov. y dióc. de Orense (11 leg.), part. jud. y ayunt. de Verín (2). ... Pobl.: 31 vec., 162 almas" 1847 DicMadoz.

Cognados e topónimos relacionados

Véxase Vilafiz.

Ana Boullón:  "Feces de Abaixo", 

en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org 

[consultado en 25-06-2025].
Data: 24/06/2025
4775
no-portugues

Coordenades:-7.4195012 41.81402231

As coordenadas no estado español proceden do IGE

×Cerrar

Visualización de capas

One fine body…

Close Save changes
Transcrición fonética
ˈfɛθe̝sðaˈβajʃo̝
Audio
Provincia
Ourense
Poboación (INE)
291 (2023)

Xentilicio e alcumes colectivos

Xentilicio(s)
Sen datos
Pseudoxentilicio(s)
Sen datos

Antropónimos orixinados polo topónimo

Apelido
Non xerou apelido
Nome
Non xerou nome persoal

Bibliografía específica

Non hai bibliografía

Sinaturas

Redacción: Ana Boullón

O proxecto I+D+I Toponomasticon Hispaniae está financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. A presente aplicación contou cunha axuda para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas da Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Políticas de privacidade
  • Políticas de cookies
  • Contacto
-
-
-
-