Santo Estevo de Rececende
Tipoloxía ou caracterización xeográfica
Étimu
Resume xeneral
Haxiotopónimo composto do nome persoal latino Stephanus, e este do grego Stéphanos, nome persoal moi antigo e tamén nome común: stéphanos 'coroa'.
A segunda parte procede do nome medieval Recesindus, de orixe xermánica, a través do xenitivo RECESINDI.
Aspectos xeográficos, históricos, administrativos
Parroquia do concello da Pontenova (Lu), que segue a ter santo Estevo como advocación .
Documentación histórica
Vieya y medieval
- "Sancti Petri de Alanti, item Sancti Stephani de Recessuindi, item Sancti Iohanni de Uallebrui" 916 CDCatedralLeón 1, 63-64
- "Sancte Eulalie de Marzani, Sancti Iohannis de Uiscos, Sancti Petri de Alanti, item Sancto Stephani de Recesuindi, item Sancti Iohannis de Ualebria, item Sancti Iacobi de Nonnino, item Sancti Stephani de Tabulata" 935 CDCatedralLeón 1, 166-168.
- "Andreu Pérez de Sant'Estevao" 1298 CDOscos
Moderna
- San Estevan, San Esteban, Ssan Esttevan 1752 Rexistro de Eclesiásticos de Rececende do CME (Vid. MarquésValea_2021).
- San Hestevan, San Estevan, Ssan Estteban 1752 Rexistro de Leigos de Rececende do CME (TopAPontenova)
Cognaos y topónimos rellacionaos
A popularide deste nome na Alta Idade Media no noroeste hispánico explica a súa produtividade antroponímica. Varios dos seus descendentes presentan variación na primeira raíz: Recesende, cadanseu lugar e parroquia en Castroverde e Baralla (Lu), outra parroquia en Teo (Co), Requesende, lugares na Laracha e Santiago de Compostela (Co) e quizais tamén Rexosende (Vilardevós, Ou) e Raxacendes (Santiso, Lu). Con distinto resultado na segunda raíz, Recesindes (Vimianzo, Co), Rececinde (Coristanco, Co). Neste último topónimo observamos asimilación consonántica á primeira sibilante, tamén presente, amais de no topónimo que tratamos, en Rececende, outra parroquia da Pontenova (Lu) e mais en Rececendes (lugares en Antas de Ulla e Portomarín, Lu).
en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org