Skip to main content
Tornar a ToponHisp
  • Consulta del diccionario
  • Resultados del proyecto
  • Bibliografía
  • Fuentes
  • Accesu investigadores
esglcaeupt-ptast

Santalla de Pena

Santalla de Pena

Tipoloxía ou caracterización xeográfica

Parroquia
Idioma del topónimo
Galego

Étimu

SANCTA, SANCTU
Latino
Onomástica
EULALIA
Griego
Deantroponímico » Haxónimo
PĬNNA
Latino
Oronimia » Elevación

Resume xeneral

Composto de SANCTA EULALIA (nome feminino de orixe grego transmitido polo latín), mártir de Mérida de finais do s. III co culto moi difundido desde os primeiros tempos do cristianismo, e mais o substantivo pena (lat. PĬNNA).

Aspectos xeográficos, históricos, administrativos

Parroquia do concello de Begonte.

Información específica d'étimu pa esti topónimu

Para información sobre Pena, véxase A Pena do Golpe.

O haxiótopónimo procedente de SANCTA EULALIA, nas súas diversas formas, é un dos dous nomes de santos que figura entre os topónimos máis frecuentes en Galicia (vid. Boullón_2021), pois está presente en 58 nomes do NG. É titular de 138 parroquias.

Referido a distintos topónimos, encontramos documentación desde o séc. 

Co formante Alla:

  • “sacnta Baya de Pedraficta” 1276, “sancta Oalla de Pedrafita” 1286, “su signo de Santa Alla de Pedrafita” 1325 CDOseira [actual Santalla, na parroquia de Lousada, Pedrafita, Lu]
  • “Santa Alla d’Oscos” 1298 CDOscos
  • “Santa Oalla de Verín” 1338 DocDevOurense
  • “Santa Alla de Romay”, “Santa Alla de Romae” 1375 CDVilourente
  • “sancta Eolalia de Cervo” 1257, “Santa Alla de Cervo” 1350 CDOseira, “Santaalla de Çerbo” 1488 DocCatMondoñedo
  • “Santaalla de Piquin” 1296 DocSponer
  • “Santaoalla de Merille” 1309, “Santaballa de Mirille” 1453, “Santvaya de Mirille” 1488 DocCatMondoñedo
  • “ſu o ſino de Sanctaalla de Rey” (Monforte) 1325 DocSponer
  • “Santalla de Touro” 1326 CDGH
  • “frygesia de Santaalla de Vilousende” 1373 DocCatMondoñedo
  • “Santaoalla de Lago”, 1374 “Santaaya de Lago”, 1474 DocViveiro
  • “Santalla de Reyris” 1380 DocBelvís
  • “Santa Alla de Fanoy” 1383 CDVilourente, “Santalla de Fanoy” DocCatMondoñedo
  • “Santalla de Sison” 1392 DocVilourente
  • “Santa Alla de Lezín” 1403 CDSEstevoRibasSil
  • “Santa Alla de Villaseca” 1412 CDVilourente
  • “Santaalla da Deuesa” 1456, “Santaaya da Deuesa” 1467 DocCatMondoñedo
  • “friguesia de Santa Oalla de Ladrido” 1473 ViveiroXIV-XV, “Santaalla de Ladrido” 1488 DocCatMondoñedo
  • “Santaalla de San Sadornino” 1488 DocCatMondoñedo
  • “Santalla de Boueda” 1490 CDPombeiro
  • “Santalla d’Avinno” 1506 CDPedrosoTrasancos

 

Documentación histórica

Vieya y medieval

  • "Sancta Eolalia de Pena" 1202 TSobrado

Cognaos y topónimos rellacionaos

O haxiónimo SANCTA EULALIA deixou varios descendentes toponímicos en galego: Santalla (Co5, Lu44, Po1), Santaia (Co16), Santa Baia (Co14, Lu8, Ou29, Po16), Santaballa (Co2, Lu2), Santoalla (Lu1, Ou1); tamén Santalla de Oscos (Ast). En Portugal: Santa Ovaia (Aveiro, Coímbra, Vila Real, Viseu) e o cultismo Santa Eulália.

Ana Boullón:  "Santalla de Pena", 

en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org 

[consultado en 14-05-2025].
Fecha: 28/04/2025
4779
no-portugues

Coordenadas: -7.7288791 43.12092058

Las coordenadas en el estado español proceden del IGE

×Cerrar

Visualización de capas

One fine body…

Close Save changes
Transcripción fonética
sanˈtaʎa̝ðeˈpena̝
Audio
Ensin provincia
Ourense
Población
291 (2023)

Xentiliciu y nomatos coleutivos

Xentiliciu/-os
Ensin datos
Pseudoxentiliciu/-os
Ensin datos

Antropónimos orixinaos pol topónimu

Apellíu
No ha generado apellido
Nome
Nun xeneró nome personal

Bibliografía específica

Nun hai bibliografía

Robla

Redaición: Ana Boullón

Ministerio de ciencia
Xunta de Galicia
Instituto da Lingua Galega
UPNA
UAM
Universidad de Zaragoza

El proyeutu I+D+I Toponomasticon Hispaniae ta financiáu pol MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. La presente aplicación cuntó con una ayuda pa la consolidación ya estruturación d'unidaes d'investigación competitives de la Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Polítiques de privacidá
  • Polítiques de cookies
  • Contautu
-
-
-
-