Skip to main content
Tornar a ToponHisp
  • Consulta del diccionario
  • Resultados del proyecto
  • Bibliografía
  • Fuentes
  • Accesu investigadores
esglcaeupt-ptast

Caniza, A

Caniza, A

Tipoloxía ou caracterización xeográfica

Lugar
Concello
Parroquia
Idioma del topónimo
Galego

Étimu

CANNĪCIU
Latino
Fitonimia

Resume xeneral

Feminino de canizo (< lat. CANNĪCIU) (véxase Os Caínzos); a motivación toponímica refírese a unha construción feita con canas e cuberta de palla, ben unha cabana ou un hórreo.

Aspectos xeográficos, históricos, administrativos

A localidade actual estaba incluída no Couto das Achas, do mosteiro da Franqueira. Este vendeullo en 1568 a García Sarmiento de Soutomaior, conde de Salvaterra. Segundo Ávila y la Cueva (1852), as noticias máis antigas desta poboación son do ano 1583, nunha escritura do mosterio da Franqueira. Tamén se rexistra en plural (1663) como parte da parroquia de Valeixe, o que indica "que empezó por unas casetas o chozas hectas de ramas de árboles entretegidas y cubertas de paja", ou ben para nomear "los orrios en que los labradores recogen el maiz en espiga formados de bergas entretegidas" (HistoriaTui, pp. 283-284).

A parroquia fundouse en 1790, anexa á de Valeixe, ata que finalmente se desmembrou dela en 1815 como parroquia independente. No séc. XIX trasladouse alí a audiencia das Achas e erixiuse como cabeza e capital da súa xurisdición e partido, adquirindo a denominación da vila.

Nos textos posteriores ó séc. XV aparece co artigo castelanizado, pero coa forma Caniza conservada. Na documentación oficial consolidouse a partir da creación dos concellos, no séc. XIX, a forma castelanizada La Cañiza, que incluso se incorporou ao NG como A Cañiza, en 1984. Actualmente, dado que se comprobou o mantemento da forma orixinal, A Caniza, entre os seus habitantes, a Comisión de Toponimia propuxo a súa restauración como forma oficial.

Información específica d'étimu pa esti topónimu

 

Documentación histórica

Vieya y medieval

Son poucos os rexistros medievais que atopamos destes topónimos. Constan no concello de Melón, o que demostra que na zona onde hoxe está o concello se usaba como norma toponímica:

  • "outra nosa leyra e seve da Caniza” 1297 CDMelón

Tamén encontramos una forma en plural, referida a unha poboación, hoxe non identificada, próxima a Senón (concello da Peroxa, Ou):

  • "unum casale in Sennon et aliud in nas Canizas" 1246 CDOseira

Moderna

  • “En la villa de la Caniça, que es en el balle de las achas & reino de Galicia, a quinze dias del mes de março de mil & quinientos y ochenta y nuebe” (ES.41091.AGI//CONTRATACION,234,N.2,R.8, PARES).
  • "feria que se celebra el día veinte de cada mes en la Caniza" 1753 CME
  • "Antonio Vidal de la Caniza", "Antonio Fernández de la Caniza", "rregueiro da Caniza" 1764 CCME-ValeixeACaniza.
  • "CAÑIZA: ayunt. en la prv. de Pontevedra (6 leg.),part. jud. de su nombre, aud. terr. y c.g. de la Coruña, dióc. de Tuy. ... Pobl.: 1.812 vec., 6.136 alm." 1846 DicMadoz.

Cognaos y topónimos rellacionaos

Véxase a forma masculina Caínzos.

Ana Boullón:  "Caniza, A", 

en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org 

[consultado en 09-05-2025].
Fecha: 28/08/2024
4831
no-portugues

Coordenadas: -8.273358578 42.21275362

Las coordenadas en el estado español proceden del IGE

×Cerrar

Visualización de capas

One fine body…

Close Save changes
Transcripción fonética
akaˈniθa̝
Ensin provincia
Pontevedra
Población
5.090 (2023)

Xentiliciu y nomatos coleutivos

Xentiliciu/-os

Canicense

Pseudoxentiliciu/-os
Ensin datos

Antropónimos orixinaos pol topónimu

Apellíu
No ha generado apellido
Nome
Nun xeneró nome personal

Bibliografía específica

Nun hai bibliografía

Robla

Redaición: Ana Boullón

Ministerio de ciencia
Xunta de Galicia
Instituto da Lingua Galega
UPNA
UAM
Universidad de Zaragoza

El proyeutu I+D+I Toponomasticon Hispaniae ta financiáu pol MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. La presente aplicación cuntó con una ayuda pa la consolidación ya estruturación d'unidaes d'investigación competitives de la Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Polítiques de privacidá
  • Polítiques de cookies
  • Contautu
-
-
-
-