Vés al contingut
Volver a ToponHisp
  • Consulta del diccionario
  • Resultados del proyecto
  • Bibliografía
  • Fuentes
  • Acceso investigadores
esglcaeupt-ptast

Agolada

Agolada

Tipoloxia o caracterització xeogràfica

Concello
Idioma del topònim
Galego ou portugués

Étimo

ĂQUA
Latino
Hidronímia
LĀTA, LĀTU 1
Latino
Hàbitat humà » Edificación

Derivat

Resum general

Do latín āqua lāta 'auga conducida, levada', locución composta polo acusativo de āqua 'auga' e lāta, feminino do participio pasado do verbo fěro 'levar', en relación con canalizacións de auga.

Aspectes geogràfics, històrics, administratius

A pequena poboación que lle dá nome ao municipio, nacida nun cruzamento de camiños quizais non poboado ata o século xviii,  empezou a medrar co traslado alí, en 1778, dunha feira que se celebraba a poucos quilómetros. O concello, bautizado coa forma castelanizada (La) Golada, constituíuse en 1835 coa unión dos concellos constitucionais (1812) de Ventosa-Borraxeiros e Basadre. O topónimo restituíuse á forma antiga documentada Agolada en 1985.

Información específica de étimo para este topónimo

A etimoloxía proposta, que considera un segundo elemento lāta, feminino do participio pasado do verbo fĕro 'levar',  vén sendo aceptada en Galicia desde MoralejoToponGallega (1976: 316, 335), aínda que contradí a teoría tradicionalmente admitida para os topónimos peninsulares atestados na Idade Media como Aqualata, Aqua Lata, Aqua Lada etc., isto é, os galegos (A) Agolada, Agualada, Augalada, A Golada e Aguada; os portugueses Aguada de Cima e de Baixo (EsboçosSilveira, 1914: 116) e o catalán Igualada (Oncat, 436-438), teoría que consideraba o segundo elemento o feminino do adxectivo latino latus, -a, -um 'ancho, extenso', coma no caso dos compostos con Pedra- (Pedrelada en Fontarón, Becerreá, Lugo; Perlada, en Merlán, Chantada, Lugo; Peralada, Xirona).

Os topónimos Aguada galegos e portugueses, rexistrados nos textos medievais con formas como Agualata, Aqualata, Aqualada e xa en romance Aguaada, entre outras, fannos pensar que, nunha etapa quizais máis antiga, o étimo AQUALATA se sentía como unha única palabra, de aí a caída do -L- intervocálico (cf. SALUTARE > gal. e pt. saudar; es. saludar). Esta idea dunha forma composta lexicalizada explicaría ademais a non palatalización do L- inicial catalán (cf, LUPU > cat. Llop) que xustifica a forma Igualada fronte a topónimos como Estany Llat (lago francés na actual rexión francesa de Occitania, nos Pireneos orientais).

A frecuencia do topónimo en Galicia sumando todas as variantes (nove entidades de poboación e preto de cincuenta paralelos na microtoponimia, aínda parcialmente recollida), a pouca proximidade dos lugares que designan a grandes cursos de auga que merezan a cualificación de 'anchos, abundantes' e a creación dun paralelo romance Auga/Agua Levada, lévannos a manter o étimo de Moralejo.

Tivéronse tamén en consideración outros topónimos da Romania, algúns atestados co mesmo étimo latino Aqualata, explicados como 'auga abundante', pero en que hai constancia de restos de conducións de auga ou acueductos, como os franceses Leis Aigaladas (fr. Les Aygalades; barrio de Marsella), Gualada (fr. Goualade, Gironde) ou os italianos canale Aqualada (Colecchio, Parma) e Fosso di Acqualata (Castiglione d'Orcia, Siena).

A motivación do étimo parece estar en relación con antigas canalizaciones de auga, quizais construídas para labores de minería en época romana, como parece demostrar a paisaxe toponímica.

Documentació històrica

Moderna

  • "La  feligresia  de  San  Pedro  de  Ferreiroa  tiene  una  taverna  que  se  llama  Agolada" 1752 CME
  • "Tiene la feria de La Agolada el 12 de cada mes" 1831 DicGeoTorner (T. III, páx. 607)
  • "...parroquia de Sta. María de Bentosa, distrito de Agolada, partido de Lalín" 1845 GalicianaB
  • "Golada" 1847 DicMadoz (T. VIII, páx. 437) 

 

Paisatge toponímic proper

Consonte a idea de que o topónimo podería estar motivado por conducións de auga para a minería, o nome da parroquia onde esta o lugar de Agolada é Ferreiroa (lat. FERRARIA 'mina de ferro' mais o sufixo diminutivo -OLA). A microtoponimia tamén reflicte a actividade de extracción de ferro: A Regueira do Ferro, A Quella do Ferro, O Prado das Escoiras, O Escouredo...

Cognats i topònims relacionats

O Nomenclátor de Galicia rexistra outras localidades chamadas A Agolada, A Golada, Agualada e Aguada. Son ademais cognados o catalán Igualada e, en Portugal, as parroquias de Aguada de Cima e Aguada de Baixo e o lugar de Agolada de Cima.

De construción paralela, pero de creación xa romance, temos Augalevada e Agualevada, que na microtoponimia, na comarca do Morrazo e concellos próximos, evolucionan ata a forma A Golvada, tamén a habitual na fala, por exemplo, do lugar pontevedrés de Augalevada, en Coirós, Cangas. En Portugal hai polo menos oito entidades de poboación co nome de Água Levada.

Luz Méndez:  "Agolada", 

en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org 

[consultado en 14-05-2025].
Data: 10/05/2025
411
portugues

Coordenades:-8.019091 42.763448

Les coordenades a l'estat espanyol procedeixen de l'IGE

×Cerrar

Visualización de capas

One fine body…

Close Save changes
Transcripció fonètica
aɣoˈlaða̝
Audio
Província
Pontevedra
Població
2.304

Gentilici i renoms col·lectius

Gentilici(s)

Agoladense

Pseudogentilici(s)
Sin datos

Antropónims originats pel topònim

Cognom
No ha generado apellido
Nom
No ha generat nom personal

Bibliografía específica

Méndez, Luz (2016): Toponimia de Agolada. Col. Terra Nomeada. A Coruña: Real Academia Galega e Asociación Galega de Onomástica [https://publicacions.academia.gal/index.php/rag/catalog/book/306]

Signatures

Redacció: Luz Méndez

Ministerio de ciencia
Xunta de Galicia
Instituto da Lingua Galega
UPNA
UAM
Universidad de Zaragoza

El proyecto I+D+I Toponomasticon Hispaniae está financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. La presente aplicación contó con una ayuda para la consolidación y estruturación de unidades de investigación competitivas de la Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Políticas de privacidad
  • Políticas de cookies
  • Contacto
-
-
-
-