Ir o contido principal
inicio
  • Consulta do dicionario
  • Resultados do proxecto
  • Bibliografía
  • Fontes
  • Acceso investigadores
esglcaeupt-ptast

RŬBEA, RŬBEU

RŬBEA, RŬBEU

Latino
Valoración » Cor

No marco da reorganización do campo semántico das cores no paso do latín aos romances, o latín rŏbĕus pasou a rŭbeus por analoxía con rŭber, e no latín medieval a rubius. Había outro termo, russ(e)us, que designaba esta gamma do 'vermello', pero ambos foron evolucionando semanticamente para desfacer a homonimia (vid. PatromIV.I, s.v. rubeus). O medieval rubius deixou diversos descendentes nos romances hispánicos, con distintos matices: gal. rubio 'vermello, encarnado', 'entre castaño e vermello', 'roxo' (DRAG), port. ruivo 'que é avermelhado ou alaranjado' (Priberam), ast. rubiu 'Del color del oru, de color castaño claro', royu 'ensin madurecer [la fruta]' (DELLA), 'vermello', cast. royo (ant.), rubio 'Dicho de un color: amarillento, parecido al oro)' (DRAE), arag. royo 'rubio, rojo, bermejo", 'pelirrojo' TLA, cat. roig 'vermeil amb tendència a groc o a color d'argila' (DECat). Nalgúns idiomas a evolución patrimonial subsiste só na toponimia (coma no cast. royo) ou con significados moi restrinxidos (ast. royu) e noutros a forma xeral para a cor é un cultismo (gal., cast. rubio, ast. rubiu) ou semicultismo (port. ruivo).

Sinaturas

Redacción: Ana Boullón

Contribucións: Javier Giralt, Emilio Nieto.

Ana Boullón:
" RŬBEA, RŬBEU ",
en Toponomasticon Hispaniae, proxecto financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org
Data: 08/04/2025

Topónimos vinculados a este étimo

Galego

Ourense
Parderrubias

Castelán

Guadalajara
Torrubia
Burgos
Monterrubio de la Demanda
kasa'ruβ̞jos ðel'monte
Casarrubios del Monte
Ciudad Real
Villarrubia de los Ojos
Soria
Portelrubio
Burgos
Covarrubias
Iglesia Rubia
Córdoba
Peñarroya-Pueblo Nuevo
Segovia
Honrubia de la Cuesta
Burgos
Iglesiarrubia
Soria
Paredesroyas

Catalán

Castillonroy / Castellonroi

Topónimos derivados

-ALE

Zamora
Castelán
Roales del Pan

-OLA,

Madrid
Castelán
Casarrubuelos
Ministerio de ciencia
Xunta de Galicia
Instituto da Lingua Galega
UPNA
UAM
Universidad de Zaragoza

O proxecto I+D+I Toponomasticon Hispaniae está financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. A presente aplicación contou cunha axuda para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas da Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Políticas de privacidade
  • Políticas de cookies
  • Contacto
-
-
-
-