Pasar al contenido principal
inicio
  • Consulta del diccionario
  • Resultados del proyecto
  • Bibliografía
  • Fuentes
  • Acceso investigadores
esglcaeupt-ptast

CAMĂRA

CAMĂRA

Latino
Hábitat humano » Edificación

Do lat. vg. CAMĂRA (lat. CAMĔRA) ‘bóveda’, e este do gr. καμάρα ‘bóveda’, ‘cuarto abovedado’ (DCECH s.v. cámara); despois adquiriu tamén o significado 'cuarto, dormitorio' (DDGM, s.v.). Deu lugar a varios topónimos peninsulares, como o gal. A Cámara (Boal, Asturias); con diversos sufixos diminutivos: esp. Camarillas (Teruel, Málaga), gal. A Camariña (Lugo), cat. Camaretas (Las Palmas), ast.  El Camarón, La Camarina, Sucamarín (microtopónimos citados por GarcíaToponAst); en composición: cat. Camarasa (OnCat s.v. Camarasa). A existencia destes topónimos no interior fan pór en dúbida a relación de Camariñas (Coruña), situada na costa noroccidental de Galicia coa planta mariña, aínda que non pode descartarse totalmente (véxase CARAMINA).

Para diversos topónimos cataláns (Camarell, Camarelles, Camaró...) Corominas propón como alternativa aos resultados mozárabes do lat. CAMĔRA  o árabe quamar 'lúa' (OnCat s.v. Cámara).

En español existiu un derivado popular cambra, hoxe "desusado" (DRAE), pero non parece que deixase mostras na toponimia maior. No Nomenclátor do INE só se recolle o galego e portugués A Cambra, que seguramente non ten nada que ver coa voz latina (como demostran as atestacións medievais dos distintos lugares: Calambria/Caambria... Cambar/Cambara...), senón que ten orixe prerromana (MoralejoÁlvarez_CallaicaNomina).

Firmas

Redacción: Ana Boullón

Ana Boullón:
" CAMĂRA ",
en Toponomasticon Hispaniae, proyecto financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org
Fecha: 22/09/2023

Topónimos vinculados a este étimo

Gallego

A Coruña
Camariñas
Ministerio de ciencia
Xunta de Galicia
Instituto da Lingua Galega
UPNA
UAM
Universidad de Zaragoza

El proyecto I+D+I Toponomasticon Hispaniae está financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. La presente aplicación contó con una ayuda para la consolidación y estruturación de unidades de investigación competitivas de la Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Políticas de privacidad
  • Políticas de cookies
  • Contacto
-
-
-
-