Ir o contido principal
inicio
  • Consulta do dicionario
  • Resultados do proxecto
  • Bibliografía
  • Fontes
  • Acceso investigadores
esglcaeupt-ptast

CAMĂRA

CAMĂRA

Latino
Hábitat humano » Edificacións

Do lat. vg. CAMĂRA (lat. CAMĔRA) ‘bóveda’, e este do gr. καμάρα ‘bóveda’, ‘cuarto abovedado’ (DCECH s.v. cámara); despois adquiriu tamén o significado 'cuarto, dormitorio' (DDGM, s.v.). Deu lugar a varios topónimos peninsulares, como o gal. A Cámara (Boal, Asturias); con diversos sufixos diminutivos: esp. Camarillas (Teruel, Málaga), gal. A Camariña (Lugo), cat. Camaretas (Las Palmas), ast.  El Camarón, La Camarina, Sucamarín (microtopónimos citados por GarcíaToponAst); en composición: cat. Camarasa (OnCat s.v. Camarasa). A existencia destes topónimos no interior fan pór en dúbida a relación de Camariñas (Coruña), situada na costa noroccidental de Galicia coa planta mariña, aínda que non pode descartarse totalmente (véxase CARAMINA).

Para diversos topónimos cataláns (Camarell, Camarelles, Camaró...) Corominas propón o árabe quamar 'lúa' como alternativa aos resultados mozárabes do lat. CAMĔRA  (OnCat s.v. Cámara).

En español existiu un derivado popular cambra, hoxe "desusado" (DRAE), pero non parece que deixase mostras na toponimia maior. No Nomenclátor do INE só se recolle o galego e portugués A Cambra, que non ten nada que ver coa voz latina (como demostran as atestacións medievais dos distintos lugares: Calambria/Caambria... Cambar/Cambara...), senón que ten orixe prerromana (MoralejoÁlvarez_CallaicaNomina).

Sinaturas

Redacción: Ana Boullón

Ana Boullón:
" CAMĂRA ",
en Toponomasticon Hispaniae, proxecto financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org
Data: 04/04/2024

Topónimos derivados

-INA/-INU

A Coruña
Galego
Camariñas
Ministerio de ciencia
Xunta de Galicia
Instituto da Lingua Galega
UPNA
UAM
Universidad de Zaragoza

O proxecto I+D+I Toponomasticon Hispaniae está financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. A presente aplicación contou cunha axuda para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas da Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Políticas de privacidade
  • Políticas de cookies
  • Contacto
-
-
-
-