Camariñas
Tipología o caracterización geográfica
Étimo
Resumen general
Plural de caramiña (con metátese), nome de planta de orixe incerta, quizais latina ou prerromana, ou plural do diminutivo de cámara.
Aspectos históricos y administrativos
O termo municipal foi creado en 1836 e reuniu as parroquias que no Antigo Réxime pertenceran á xurisdición de Vimianzo e ao couto de Xaviña, na provincia de Santiago. Recibiu o nome do lugar e parroquia onde se estableceu a Casa do Concello (NavazaNomesConcellosCor).
Información específica de étimo para este topónimo
O Padre Sarmiento vinculou este nome co da camariña ou caramiña, planta propia dos areais do litoral atlántico (Corema album), pero mentres o daba por seguro no caso do Caramiñal (véxase o étimo CARAMINA), non lle constaba a existencia desta planta neste lugar: "Si en Camariñas se halla dicha planta no hay más que desear. Averígüese" (Sarmiento_Catálogo). Un século despois, Pondal, natural de Ponteceso, próximo a Camariñas, nomeaba esta planta: “Cando no escarpado cabo sae a fror da caramiña ao cazador anunciando a leda estación garrida” (TILG), polo que é probable que existise por esa zona. Con todo, o feito de existiren topónimos idénticos no interior, onde non pode darse esta planta, como A Camariña (Alfoz, Lugo) ou outras variantes en Asturias (Cámaras, Camarín, Camarina...), apunta cara a un derivado diminutivo de cámara 'construción' (NavazaNomesConcellosCor).
Documentación histórica
Antigua y medieval
O topónimo rexístrase tardiamente, dado que na Idade Media a freguesía menciónase como “sancti Georgii de Voria” 1369 CDCatMondoñedo, "San Jurgo de Buria" 1420(1449) ( AHUS), denominación que segue a ser usual ata o séc. XVIII, no CME; trátase do actual Buría, un dos lugares da parroquia de Camariñas, que ata 1955 estaba inserido eclesiasticamente no bispado de Mondoñedo (Navaza_ConcellosCoruña).
Moderna
Cognados en la misma área lingüística
A Camariña (Alfoz, Lu)
en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org