Barbadás
Tipología o caracterización geográfica
Étimo
Derivado
Resumen general
O posible étimo, *BARBATANIS ou BARBATANES, pode ser un fitónimo, derivado de barbada 'sarmento con raíces para o plantío de viñas' ou un hidrónimo prerromano, derivado da raíz *bher- ‘brotar, fluír’.
Aspectos geográficos, históricos, administrativos
O concello creouse co nome castelanizado de Valenzana, polo lugar e parroquia da Valenzá (FariñaJamardo_1990). En 1857, porén, toma o nome do lugar de Barbadás (Barbadanes). A forma galega lexítima non se restitúe ata 1985 (VariacionesMunicipios).
Información específica de étimo para este topónimo
Como apunta Gonzalo Navaza_Fitotoponimia, a terminación podería corresponder a un plural en -ALES, pero as atestacións medievais (-aens, -anes, -anis) apuntan a un étimo rematado en -ANES (acusativo plural) ou -ANIS (xenitivo dun nome de posesor xermánico). Ademais, en Portugal hai Barbadães, que podería ter a mesma orixe. do Agora ben, non se localiza ningún nome xermánico ao que se poida asociar. Así as cousas, pódese ter en conta un derivado do fitónimo barbada, que aparece nos dicionarios galegos como ''sarmento con raíces para o plantío de viñas' ou, como suxire Bascuas_2014, ter orixe prerromana. Este autor propón un derivado da raíz *bher- ‘brotar, fluír’. A falta doutros datos, a dúbida entre as dúas posibilidades persiste noutras formas toponímicas: Barbeira, Barbadelo, e os ríos andaluces Barbata (Granada), Barbate (Cádiz). En Barbadás, a situación a carón do río Barbaña é favorabale á motivación hidronimica, pero a fitonímica segue a ser posible. En canto ó valor do sufixo, pode ser plural ou xentilicio: ‘os dalgún *Barvada ou *Barbada. En Ribadavia (Ou) existiu un lugar Barbada, non idenficado e hoxe aparentemente desaparecido: contra aquam de Barvada 1224, ad Barvadam 1228, casam de Barvada 1234, cortinale da Barvada 1270 (CDOseira).
A terminación –ás (< ANIS) é a propia do bloque central (DialectGal), onde se sitúa todo o concello de Barbadás. Esa mesma terminación é a que presentan os resultados de -ANES (CANES > cas) e contrasta coas dos bloques occidental (CANES > cans) e oriental (CANES > cais).
Documentación histórica
Antigua e medieval
- "Menendus Salvatoris de Barvadaens, miles" 1221 CDCatOurense p.79-80
- "in termino de Barvadanes" 1253 CDCatOurense p. 190
- "et alias duas cupas et unam que sunt in Barbadanis" 1268 CDCatOurense p. 316-318
- "Rodrigo Eanes de Soutomayor, morador que agora sodes en Barbadaas" 1434 CDSanClodiodoRibeiro p. 659
- "moradores e pobradores do dito couto de Sobrado e Barbadáas" 1447 CDDevanceiros p. 49
- "Juan de Seoane, juyz de Barbadás" 1447 CDDevanceiros p. 49
Moderna
Cognados y topónimos relacionados
Con xénero masculino e sufixo diminutivo -ELLU: Barbadelo, parroquia en Sarria (Lu)
En Portugal,. Barbadães (Braga) e Barbadães de Baixo e Barbadães de Cima (Vilareal).
en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org