Saavedra
Tipologia ou caracterização geográfica
Étimo
Resumo geral
Do composto SALA VĔTĔRA, formado pola voz gótica *SALA 'residencia principal' e co feminino do adxectivo VETUS 'vello', coa forma arcaica que sería substituída por VĔT(Ŭ)LA.
Aspetos geográficos, históricos, administrativos
A actual parroquia de Saavedra do concello de Begonte (Lu) foi no Antigo Réximo un couto redondo ou xurisdición, segundo informa Madoz. O núcleo formouse arredor da casa torre de Saavedra, fundada en 1322 e destruída no séc. XV polos irmandiños (Martínez Lema 2018)
Informação específica de étimo para este topónimo
A etimoloxía deste topónimo é clara, pero Martínez Lema 2018 informa sobre unha pseudoetimoloxía de carácter erudito que explicaba que na lagoa de Veria (identificable coa lagoa de Cospeito) había unha serpe monstruosa que matou un cabaleiro. O nome procedería do castelán sierpe e o topónimo Veria. Segundo outras versións, a serpe chamábase Saavedra e o cabaleiro tomouno como apelido familiar despois de matala.
Documentação histórica
Antiga e medieval
- "Onega Pelaici, cognomento Saavetera ~ Onega Saavetera" a.1137 CDVisLugo,
- "domna Lupa Roderici de Saa Vetera" a.1252 TLourenzá
- "a herdade que eu ey en Alloy ... que he sub signo de Santa María de Saavedra" a.1347 DocCatLugoXIV
- "en terra de Saavedra et de Riba de Mino" 1440 DocCatLugoXV
- "Fernán Rodrigues de Saabedra, notario" 1473 CDCatMondoñedo
- "Arçiprestadgo de Riba de Minno. La yglesia de Saavedra" a.1488 CDCatMondoñedo
Moderna
Cognatos e nomes de lugares relacionados
En Galicia hai 24 núcleos de poboacións e tres parroquias (en Lugo e na Pobra do Brollón, Lu, e en Dozón, Po) que conteñen a forma Saa, tamén no composto Saavedra (ademais da parroquia de Begonte, é un lugar no Irixo, Ou) e no topoantroponímico Saamil, tamén en Begonte. Amais de Saa, hai outros 23 que presentan a forma máis evolucionada Sa e nove co plural.
En Portugal a forma estandarizada é Sá, presente en 26 topónimos de diferentes distritos septentrionais (Viana do Castelo, Braga, Vila Real e Porto, Aveiro e Viseu).
En Galicia hai 32 topónimos que conservan a variante arcaica vedro/vedra, habitualmente en compostos (Airavedra/Eiravedra (9), Bouzavedra/Bouzas Vedras, O Burgovedro, Casavedra (2), Fontevedra, O Gustovedro, Miñovedro, O Muiñovedro (2), Paravedra, Pontevedra (2), A Portavedra, As Rozas Vedras, Santiavedra, A Torrevedra (2), Vilavedra e Xaravedra). Tamén hai un que contén unicamente o adxectivo: o concello de Vedra (Co) e a parroquia Vedro en Portomarín (Lu).
En Portugal está en 9 topónimos: Alhos Vedros, Bouça Vedra, Casavedra, Moinho Vedro, Pedra Vedra (2), Pousadas Vedras, Torres Vedras (2), e Vila Vedra.
en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org