Skip to main content
Tornar a ToponHisp
  • Consulta del diccionario
  • Resultados del proyecto
  • Bibliografía
  • Fuentes
  • Accesu investigadores
esglcaeupt-ptast

Camariñas

Camariñas

Tipoloxía ou caracterización xeográfica

Concello
Idioma del topónimo
Galego

Derivado

CAMĂRA » -INA/-INU

Resume xeneral

Plural de caramiña (con metátese), nome de planta de orixe incerta, quizais latina ou prerromana, ou plural do diminutivo de cámara.

Aspectos xeográficos, históricos, administrativos

O termo municipal foi creado en 1836 e reuniu as parroquias que no Antigo Réxime pertenceran á xurisdición de Vimianzo e ao couto de Xaviña, na provincia de Santiago. Recibiu o nome do lugar e parroquia onde se estableceu a Casa do Concello (NavazaNomesConcellosCor).

Información específica d'étimu pa esti topónimu

O Padre Sarmiento vinculou este nome co da camariña ou caramiña, planta propia dos areais do litoral atlántico (Corema album), pero  mentres o daba por seguro no caso do Caramiñal non lle constaba a existencia desta planta neste lugar: "Si en Camariñas se halla dicha planta no hay más que desear. Averígüese" (Sarmiento_Catálogo). Un século despois, Pondal, natural de Ponteceso, próximo a Camariñas, nomeaba esta planta:  “Cando no escarpado cabo sae a fror da caramiña / ó cazador anunciando a leda estación garrida” (TILG), polo que é probable que existise por esa zona. Con todo, o feito de existiren topónimos idénticos no interior, onde non pode darse esta planta, como A Camariña (Alfoz, Lugo) ou outras variantes en Asturias (Cámaras, Camarín, Camarina...), apunta cara a un derivado diminutivo de cámara 'construción' (NavazaNomesConcellosCor). 

En todo caso, non se pode descartar que teña orixe fitotoponímica, e, por tanto, un étimo prerromano (*CARĂMA co sufixo -iña, de orixe latina).

Documentación histórica

Vieya y medieval

O topónimo rexístrase tardiamente, dado que na Idade Media a freguesía menciónase como “sancti Georgii de Voria” 1369 CDCatMondoñedo, "San Jurgo de Buria" 1420(1449) ( AHUS), denominación que segue a ser usual ata o séc. XVIII, no CME; o topónimo mencionado coa mesma advocación que hoxe ten Camariñas é o actual Buría, un dos lugares da parroquia de Camariñas, que ata 1955 estaba inserido eclesiasticamente no bispado de Mondoñedo (Navaza_ConcellosCoruña).

Moderna

As atestacións máis antigas son do séc. XVI:

  • “San Jurjo de Camarinas” 1522 AHUS
  • "la billa de Camarinas" 1568 ACS
  • Camariñas 1806-1870 DicMadoz

Cognaos y topónimos rellacionaos

A Camariña (Alfoz, Lu).

 

 

Ana Boullón:  "Camariñas", 

en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org 

[consultado en 12-05-2025].
Fecha: 28/01/2025
117
no-portugues

Coordenadas: -9.184227 43.13139

Las coordenadas en el estado español proceden del IGE

×Cerrar

Visualización de capas

One fine body…

Close Save changes
Transcripción fonética
[kamaˈɾiɲa̝s]
Audio
Ensin provincia
A Coruña
Población
5209

Xentiliciu y nomatos coleutivos

Xentiliciu/-os

camariñán, camariñá; camariñés, camariñesa

Pseudoxentiliciu/-os

Carneiro (DTG).

Antropónimos orixinaos pol topónimu

Apellíu
No ha generado apellido
Nome
Nun xeneró nome personal

Bibliografía específica

Nun hai bibliografía

Robla

Redaición: Ana Boullón

Ministerio de ciencia
Xunta de Galicia
Instituto da Lingua Galega
UPNA
UAM
Universidad de Zaragoza

El proyeutu I+D+I Toponomasticon Hispaniae ta financiáu pol MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. La presente aplicación cuntó con una ayuda pa la consolidación ya estruturación d'unidaes d'investigación competitives de la Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Polítiques de privacidá
  • Polítiques de cookies
  • Contautu
-
-
-
-