Ir o contido principal
Volver a ToponHisp
  • Consulta do dicionario
  • Resultados do proxecto
  • Bibliografía
  • Fontes
  • Acceso investigadores
esglcaeupt-ptast

Camariñas

Camariñas

Tipoloxía ou caracterización xeográfica

Concello

Étimo

CAMARA
Latino
Hábitat humano » Edificación

Resumo xeral

Plural de caramiña (con metátese), nome de planta de orixe incerta, quizais latina ou prerromana, ou plural do diminutivo de cámara.

Aspectos históricos e administrativos

O termo municipal foi creado en 1836 e reuniu as parroquias que no Antigo Réxime pertenceran á xurisdición de Vimianzo e ao couto de Xaviña, na provincia de Santiago. Recibiu o nome do lugar e parroquia onde se estableceu a Casa do Concello (NavazaNomesConcellosCor).

Información específica de étimo para este topónimo

O Padre Sarmiento vinculou este nome co da camariña ou caramiña, planta propia dos areais do litoral atlántico (Corema album), pero  mentres o daba por seguro no caso do Caramiñal (véxase o étimo CARAMINA), non lle constaba a existencia desta planta neste lugar: "Si en Camariñas se halla dicha planta no hay más que desear. Averígüese" (Sarmiento_Catálogo). Un século despois, Pondal, natural de Ponteceso, próximo a Camariñas, nomeaba esta planta:  “Cando no escarpado cabo sae a fror da caramiña ao cazador anunciando a leda estación garrida” (TILG), polo que é probable que existise por esa zona. Con todo, o feito de existiren topónimos idénticos no interior, onde non pode darse esta planta, como A Camariña (Alfoz, Lugo) ou outras variantes en Asturias (Cámaras, Camarín, Camarina...), apunta cara a un derivado diminutivo de cámara 'construción' (NavazaNomesConcellosCor). 

Documentación histórica

Antiga e medieval

O topónimo rexístrase tardiamente, dado que na Idade Media a freguesía menciónase como “sancti Georgii de Voria” 1369 CDCatMondoñedo, "San Jurgo de Buria" 1420(1449) ( AHUS), denominación que segue a ser usual ata o séc. XVIII, no CME; trátase do actual Buría, un dos lugares da parroquia de Camariñas, que ata 1955 estaba inserido eclesiasticamente no bispado de Mondoñedo (Navaza_ConcellosCoruña).

Moderna

As atestacións máis antigas son do séc. XVI:

  • “San Jurjo de Camarinas” 1522 AHUS
  • "la billa de Camarinas" 1568 ACS
  • Camariñas 1806-1870 DicMadoz

Cognados na mesma área lingüística

A Camariña (Alfoz, Lu) 

 

 

Ana Boullón:
" Camariñas ",

en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org 

[consultado en 30-03-2023].
Data: 18/03/2023
117
no-portugues

Coordenadas: -9.184227 43.13139

Las coordenadas en el estado español proceden del IGE

×Cerrar

Visualización de capas

One fine body…

Close Save changes
Lema
Camariñas
Transcripción fonética
[kamaˈɾiɲa̝s]
Audio
Provincia
A Coruña
Poboación (INE)
5209

Xentilicio e alcumes colectivos

Xentilicio(s)

camariñán, camariñá; camariñés, camariñesa

Pseudoxentilicio(s)

Carneiro (DTG).

Antropónimos orixinados polo topónimo

Nome
Non xerou nome persoal

Bibliografía específica

Non hai bibliografía

Sinaturas

Redacción: Ana Boullón

O proxecto I+D+I Toponomasticon Hispaniae está financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. A presente aplicación contou cunha axuda para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas da Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Políticas de privacidade
  • Políticas de cookies
  • Contacto
-
-
-
-