Camariñas
Tipologia ou caracterização geográfica
Derivado
Resumo geral
Plural de caramiña (con metátese), nome de planta de orixe incerta, quizais latina ou prerromana, ou plural do diminutivo de cámara.
Aspetos geográficos, históricos, administrativos
O termo municipal foi creado en 1836 e reuniu as parroquias que no Antigo Réxime pertenceran á xurisdición de Vimianzo e ao couto de Xaviña, na provincia de Santiago. Recibiu o nome do lugar e parroquia onde se estableceu a Casa do Concello (NavazaNomesConcellosCor).
Informação específica de étimo para este topónimo
O Padre Sarmiento vinculou este nome co da camariña ou caramiña, planta propia dos areais do litoral atlántico (Corema album), pero mentres o daba por seguro no caso do Caramiñal non lle constaba a existencia desta planta neste lugar: "Si en Camariñas se halla dicha planta no hay más que desear. Averígüese" (Sarmiento_Catálogo). Un século despois, Pondal, natural de Ponteceso, próximo a Camariñas, nomeaba esta planta: “Cando no escarpado cabo sae a fror da caramiña / ó cazador anunciando a leda estación garrida” (TILG), polo que é probable que existise por esa zona. Con todo, o feito de existiren topónimos idénticos no interior, onde non pode darse esta planta, como A Camariña (Alfoz, Lugo) ou outras variantes en Asturias (Cámaras, Camarín, Camarina...), apunta cara a un derivado diminutivo de cámara 'construción' (NavazaNomesConcellosCor).
En todo caso, non se pode descartar que teña orixe fitotoponímica, e, por tanto, un étimo prerromano (*CARĂMA co sufixo -iña, de orixe latina).
Documentação histórica
Antiga e medieval
O topónimo rexístrase tardiamente, dado que na Idade Media a freguesía menciónase como “sancti Georgii de Voria” 1369 CDCatMondoñedo, "San Jurgo de Buria" 1420(1449) ( AHUS), denominación que segue a ser usual ata o séc. XVIII, no CME; o topónimo mencionado coa mesma advocación que hoxe ten Camariñas é o actual Buría, un dos lugares da parroquia de Camariñas, que ata 1955 estaba inserido eclesiasticamente no bispado de Mondoñedo (Navaza_ConcellosCoruña).
Moderna
Cognatos e nomes de lugares relacionados
A Camariña (Alfoz, Lu).
en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org