Skip to main content
Tornar a ToponHisp
  • Consulta del diccionario
  • Resultados del proyecto
  • Bibliografía
  • Fuentes
  • Accesu investigadores
esglcaeupt-ptast

Rodeiro

Rodeiro

Tipoloxía ou caracterización xeográfica

Concello
Idioma del topónimo
Galego

Étimu

RŎTA
Latino
Hábitat humanu » Víes de comunicación

Derivado

RŎTA » -ĀRIU

Resume xeneral

Este topónimo é un derivado do substantivo latino  RŎTA 'roda' mailo sufixo -ARIU, aínda que puido nacer en romance partir do s. roda e o sufixo -eiro, probablemente co significado de 'camiño de carros'.

Aspectos xeográficos, históricos, administrativos

Rodeiro, pertencente á terra medieval de Camba, menciónase xa nunha cadea onomástica de finais do séc. XII (Petro Muniz de Rodeyro). O concello constituíuse coas parroquias da xurisdición de Camba (agás Alemparte, que pasou a formar parte do concello de Lalín) e coa parroquia que constituía o Couto do Salto.

Información específica d'étimu pa esti topónimu

No latín clásico existía un substantivo rotarius

Documentación histórica

Vieya y medieval

  • "Petro Muniz de Rodeyro, tenentem Deza" 1197 AlfonsoIX
  • "dõ Munio Fernández de Rodeyro" 1255 Boullón/Monteagudo_2009
  • "fiigrisía de San Migel de Rioboo et de San Vicenço de Rodeyro" 1355 CDOseira
  • "Item lle mando mays a mía casa forte de Rodeiro con todas las armas" 1368 CDGH

Moderna

  • "rentas del mayordomazgo de Canba y Rodero" 1534 AHUS
  • "Lope Gil, teniente de juez de tierra de Rodeiro" 1550 ACS
  • "García de Pardiñas, juez que fue de Canba y Rodeyro" 1605 ACS

Cognaos y topónimos rellacionaos

Ademais da parroquia de Rodeiro (Oza dos Ríos, Co) hai outros 12 lugares chamados (O) Rodeiro en Galicia. Tamén hai Rodeira (Santo André de Comesaña, Vigo, Po) que debe conter a voz común rodeira 'camiño estreito'; o plural Rodeiras (Dorrón, Sanxenxo, Po) parece máis ben facer referencia ó primeiro significado 

Para un medieval Rotarios (929 CDCatedralLeón2), identificado con Roderos (Villaturiel, León), di Sánchez Albornoz (SánchezAlbornoz_1965): "...se hayan ya diversas citas en diplomas de 925 [...] El nombre de tal aldea me inclina a suponer a sus moradores fabricantes de las típicas ruedas sin radios que con formas diversas se usan todavía en León, Asturias y Galicia, y en Sanabria según Krüger"; tería entón o mesmo étimo en plural ca Rodeiro, pero distinta motivación. Non obstante, outros autores (Llamazares_2002) descartan esta hipótese e propoñen para o topónimo leonés un étimo constituído pola raíz indoeuropea hidronímica rohd- 'correr a auga' mais o o sufixo latino -ariu en plural e outórganlle o significado de  "lugar en donde se ha hecho o existe un rodo, presa o reguero".

Luz Méndez:  "Rodeiro", 

en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org 

[consultado en 11-05-2025].
Fecha: 16/11/2023
2944
no-portugues

Coordenadas: -7.949268 42.649642

Las coordenadas en el estado español proceden del IGE

×Cerrar

Visualización de capas

One fine body…

Close Save changes
Transcripción fonética
roˈðejɾo̝
Audio
Ensin provincia
Pontevedra
Población
2.317 (2022)

Xentiliciu y nomatos coleutivos

Xentiliciu/-os

rodeirense

Pseudoxentiliciu/-os
Ensin datos

Antropónimos orixinaos pol topónimu

Apellíu
Rodeiro
931 ocurrencias
Fonte: Cartografía dos Apelidos de Galicia

 

O concello de Rodeiro non parece o foco deste apelido, pois á parte deste, hai outros once lugares Rodeiro ou O Rodeiro en Galicia. O principal topónimo produtor do apelido ha ser a parroquia de Rodeiro, en Oza dos Ríos. Excluímos ademais a forma castelanizada Rodero, porque tampouco ten no nome do concello a súa orixe.

Nome
Nun xeneró nome personal

Bibliografía específica

Nun hai bibliografía

Robla

Redaición: Luz Méndez

Ministerio de ciencia
Xunta de Galicia
Instituto da Lingua Galega
UPNA
UAM
Universidad de Zaragoza

El proyeutu I+D+I Toponomasticon Hispaniae ta financiáu pol MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. La presente aplicación cuntó con una ayuda pa la consolidación ya estruturación d'unidaes d'investigación competitives de la Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Polítiques de privacidá
  • Polítiques de cookies
  • Contautu
-
-
-
-