Skip to main content
Tornar a ToponHisp
  • Consulta del diccionario
  • Resultados del proyecto
  • Bibliografía
  • Fuentes
  • Accesu investigadores
esglcaeupt-ptast

Leiro

Leiro

Tipoloxía ou caracterización xeográfica

Concello
Idioma del topónimo
Galego

Étimu

*LARIA
Prerromano
Oronimia

Resume xeneral

Parece corresponderse co substantivo leiro 'leira pequena', masculino de leira, esta probablemente con orixe no céltico *PLARIA > laria (DCECH s.v. Glera), coa caída do P- característica das linguas celtas, que debe conter a raíz indoeuropea pelǝ-, plā- 'ancho e plano' (IEW, pp.805-807).

Aspectos xeográficos, históricos, administrativos

No Antigo Réxime as actuais parroquias do concello pertenceron ás xurisdicións de Gomariz, San Clodio do Ribero, Veiga e Carballeda e Castro Cavadoso. A parroquia de Leiro (San Pedro) non se creou ata 1956; ata aquel momento os lugares de Leiro Grande e Leiro Pequeno pertencían á de Lebosende (San Miguel), aínda que Leiro Grande era a capital do concello chamado Leiro, constituído en 1836 (FrutosFdezRibeiro, 2013: 164).

Información específica d'étimu pa esti topónimu

Carlos Búa cre que non hai certeza sobre o étimo, apoiándose en que na raíz indeuropea non está presente a idea de división ou parcelación, que considera fundamental na palabra leira. Por iso propón outras orixes coma que estea emparentado co alemán Gleis 'vía' (alemán med. geleise) ou co xermánico occidental *lairo,(<loisā́ 'marca, risco no chan, suco'), que non obstante non subsistiu en ningunha lingua xermánica. A esta hipótese hai que apoñer que leira é palabra temperá e moi frecuente en textos medievais e que non se teñen en conta outros posibles topónimos da mesma familia léxica coma os galegos Lareo (Vila de Cruces, Po) ou Laredo (Redondela, Po), para os que é difícil xustificar un ditongo no étimo. 

Tampouco se pode descartar unha orixe hidronímica, tamén prerromana, e que este topónimo Leiro estea emparentado con hidrotopónimos como o río Leira, en Valdeorras, ou o Lérez, en Pontevedra (DAG, s.v. Leira).

Leiro parece unha forma de creación romance a partir de leira.

Non son cognados os topónimos Llera e derivados (Llerena, Llerana, Llerosa) que proveñen do  latín glarea 'grava, cascallo', étimo que Corominas tamén apunta, cremos que incorrectamente, para o substantivo galego e portugués leira 'terra de labranza'. 

Documentación histórica

Vieya y medieval

  • "Rodericus Fernandi, miles de Leiro" 1260 CDMelón
  • "essas mías cassas da Fonte de Leyro con seu tarreo" 1284 CDSClodioRibeiro
  • "Roy Gomes, clérigo, morador en Leyro" 1401 CDSClodioRibeiro

Moderna

  • "Monasterio de San Clodio con Bartolomé Rodríguez, Pedro da Reguenga y consortes, sobre las casas de Leiro Grande" 1595 ARG
  • "alcalde constitucional de Leiro" 1840 ARG

Paisax toponímicu de la rodiada

 

 

Cognaos y topónimos rellacionaos

Ademais do deste lugar, parroquia e concello, Leiro é nome de catro parroquias en Abegondo (Co), Miño (Co), Rianxo (Co) e Ribadumia (Po) e de dous lugares, un na devandita parroquia de Leiro (Miño, Co) e outra en Cervás, (Ares, Co). Tamén se rexistra en plural: Os Leiros (Dordaño, Cesuras, Co). O feminino (A) Leira e (As) Leiras, ás veces con aditamentos (de Abaixo, de Arriba, Longa, Chá...) é máis abundante e tamén o encontramos en Portugal.

En Galicia ten outros cognados que son formas derivadas ou compostas como Leiradiño, Leirado, A Leireta, A Leiriña, Leiromeán, O Leirón e Leirou e tamén en Portugal Leirada, Leiradas, Leiradela, Leiradelo, Leirados...

Luz Méndez:  "Leiro", 

en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org 

[consultado en 12-05-2025].
Fecha: 08/01/2024
3045
no-portugues

Coordenadas: -8.125677 42.369462

Las coordenadas en el estado español proceden del IGE

×Cerrar

Visualización de capas

One fine body…

Close Save changes
Transcripción fonética
ˈlejɾo̝
Audio
Ensin provincia
Ourense
Población
1522 (2022)

Xentiliciu y nomatos coleutivos

Xentiliciu/-os

leirense

Pseudoxentiliciu/-os
Ensin datos

Antropónimos orixinaos pol topónimu

Apellíu
Leiro
1085 ocurrencias
Fonte: Cartografía dos Apelidos de Galicia

Os foco do apelido parecen non só este concello, senón varios dos lugares chamados Leiro.

Nome
Nun xeneró nome personal

Bibliografía específica

Nun hai bibliografía

Robla

Redaición: Luz Méndez

Ministerio de ciencia
Xunta de Galicia
Instituto da Lingua Galega
UPNA
UAM
Universidad de Zaragoza

El proyeutu I+D+I Toponomasticon Hispaniae ta financiáu pol MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. La presente aplicación cuntó con una ayuda pa la consolidación ya estruturación d'unidaes d'investigación competitives de la Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Polítiques de privacidá
  • Polítiques de cookies
  • Contautu
-
-
-
-