Pasar al contenido principal
Volver a ToponHisp
  • Consulta del diccionario
  • Resultados del proyecto
  • Bibliografía
  • Fuentes
  • Acceso investigadores
esglcaeupt-ptast

Camba

Camba

Tipología o caracterización geográfica

Río
Idioma del topónimo
Galego

Étimo

CAMBA, CAMBU
Prerromano
Oronimia » Depresión

Resumen general

O étimo CAMBA provén do celta *cambos 'curvo' (DCECH, s.v. cama II), que na toponimia galega tanto pode designar unha altitude, un val ou a forma dun río.

Aspectos geográficos, históricos, administrativos

O río, de curso sinuoso e encaixado entre os montes da serra de San Mamede —onde ten a cabeceira—, do Invernadoiro e de Queixa, é afluente do Bibei.

Reciben tamén o nome de Camba a parroquia en que nace o río e o único lugar que a constitúe, no concello ourensán de Laza. Na Idade Media e polo menos ata o segunda parte do século XVIII o lugar da parroquia chamouse Camba do Carambo. Figura entre os lugares da parroquia de Cercedelo,  xa só coa forma Camba, no Nomenclátor da década de 1860. Na actualidade o aditamento Carambo só se conserva na microtoponimia: Carambo, O Corgo de Carambo, A Curva do Corgo de Carambo (GaliciaNomeada).

 

 

Información específica de étimo para este topónimo

O aditamento Carambo que tivo o lugar da parroquia onde nace o río correspóndese coa voz común carambo 'carambelo, xeo que se forma sobre unha superficie líquida', 'xeo que queda colgando ao conxelarse auga que cae' (vid. Carambo).

Documentación histórica

Antigua e medieval

  • "basilica sita esta territorio Pinciae et inter flubios uocitandos Camba et Blue" 912 CDCatedralAstorga1
  • "monasterio vocabulo sancti Johannis Baptista de Camba, flumine discurrente Camba" 962 CDCatedralAstorga1
  • "Justa riuuolo Kambe" 1208 CDMontederramo 

 

Moderna

  • " CAMBA : r. en la prov. de Orense , part. jud. de Viana del Bollo, el cual nace en los montes llamados del Invernadero" 1845-1850 DicMadoz

Cognados y topónimos relacionados

En Galicia sete parroquias chámanse Camba ou conteñen a palabra (Portocamba e Veigas de Camba), ademais de oito lugares (A) Camba e outros tres que conteñen no nome este topónimo (Río de Camba, San Xoán de Camba e Portocamba).

En Portugal tamén hai un lugar chamado Camba (Pampillosa da Serra), dous Cambas (Braga e Oleiros) e o composto Santana de Cambas (Mértola), que tamén é freguesía.

O río Cea, que discorre polas provincias de León, Valladolid e Zamora, ten un afluente chamado Camba que lle dá nome ó monte de Riocamba (León), o cal atravesa.

Luz Méndez:  "Camba", 

en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org 

[consultado en 12-05-2025].
Fecha: 24/12/2024
3047
no-portugues

Coordenadas: (-7.394124 42.102782

Las coordenadas en el estado español proceden del IGE

×Cerrar

Visualización de capas

One fine body…

Close Save changes
Transcripción fonética
ˈrio̝ˈkamba̝
Audio
Provincia
Ourense
Población (INE)
Sin datos

Gentilicio y apodos colectivos

Gentilicio(s)

Cambés, -esa, polo menos para algún dos lugares chamados Camba, foi o xentilicio tradicional, como demostra a toponimia (cf. Cambeses, dous lugares nos concellos pontevedreses da Lama e Vigo).

Seudogentilicio(s)

Cambote, -ota, para a terra de Camba, en Rodeiro, ten certas connotacións pexorativas, aínda que é de uso común e aceptado como sobrenome.

Antropónimos originados por el topónimo

Apellido
Camba
1502 ocurrencias
Fuente: Cartografía dos Apelidos de Galicia

Nombre
No ha generado nombre personal

Bibliografía específica

No hay bibliografía

Firmas

Redacción: Luz Méndez

Ministerio de ciencia
Xunta de Galicia
Instituto da Lingua Galega
UPNA
UAM
Universidad de Zaragoza

El proyecto I+D+I Toponomasticon Hispaniae está financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. La presente aplicación contó con una ayuda para la consolidación y estruturación de unidades de investigación competitivas de la Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Políticas de privacidad
  • Políticas de cookies
  • Contacto
-
-
-
-