Skip to main content
Itzuli ToponHisp
  • Consulta del diccionario
  • Resultados del proyecto
  • Bibliografía
  • Fuentes
  • Ikertzaileentzako sarrera
esglcaeupt-ptast

Coirós

Coirós

Tipologia edo geografia karakterizazioa

Concello
Idioma del topónimo
Galego

Ámbito semántico

Mendi izenak » Zuloak

Derivado

CORIA, *CORIU » -ŎLA/-ŎLU

Laburpen orokorra

O topónimo Coirós procede de *CORIŎLOS, plural de *Coriolus, derivado de *corĭu coa introdución do sufixo diminutivo -ŏlu. A forma *corĭu remite probablemente a un tema oronímico prelatino *caurĭu (MartínezLema_tese 2010, p. 145; Búa_ToponimiaPrelatina, pp. 198-199), relacionado á súa vez co indoeuropeo *keu- 'concavidade' (IEW, p. 588.594).

Geografi, historia, administrazio alderdiak

O municipio de Coirós foi constituído no ano 1836 con diversas parroquias que durante o Antigo Réxime pertenceran ás xurisdicións de Betanzos e de Oza. Nun primeiro momento, considerouse a formación dun concello extenso denominado Muniferral, que incluiría Coirós e Aranga, pero finalmente créaronse dous concellos diferenciados (NavazaConcellosCor, p. 38). O nome do concello procede dunha das correspondentes parroquias (Coirós, San Xulián), que nas primeiras atestacións documentais era denominada mediante a advocación: sancto Iuliano (978 TSamos).

Leku izen honentzako informazio berezkoa

O topónimo procede da forma diminutiva plural de *corĭu. A base etimolóxica remota parece estar nun derivado oronímico *caurĭu, formado por un tema prelatino *caur ao que se lle debeu engadir un sufixo –ĭa/-ĭo (MartínezLema_tese 2010, p. 145). O tema *caur relaciónase co indoeuropeo *keu- 'concavidade' que se proxecta en formas latinas como cauus 'cova' ou cauea 'cesta' (IEW, pp. 588-594). Segundo esta hipótese, o topónimo designaría logo un terreo caracterizado polas súas covas ou depresións (NavazaConcellosCor, p. 38).

A evolución fonética a partir de *CORIŎLUS maniféstase regular, con evolución do ditongo [aw] a [ow], metátese do iode e caída do [l] intervocálico no sufixo diminutivo.

Dokumentazio historikoa

Antzinatekoa eta Erdi Arokoa

  • "per terminos qui sunt inter Coyroos et Colantes" 1133 CDLugoCañizares, doc. 305H, p. 414.
  • "por lo camyno que vay de Coyroos para Betanços" 1375 DocSMBelv, doc. 50, p. 451.

 

Garaikidea

  • "San Giâo de Coyrôos, tres mill e quinientos mrs." 1500 LSubsidioSantiago, doc. 19.
  • "San Julián de Coirós“ 1752 CME.

 

kognatuak eta erlazionatutako leku izenak

En Galicia, a forma Coirós dálle nome ao concello e mais a unha das súas parroquias, que inclúe ademais os lugares Coirós de Arriba e Coirós de Abaixo.

Outros topónimos galegos que parecen partir dun étimo *corĭa ou *corĭo son Coiro (que lle dá nome a tres parroquias en Cangas (PO), A Laracha (CO) e Mazaricos (CO) respectivamente, así como a diversos lugares), Coira (nome de varios lugares na Coruña e un lugar en Ourense), Coiras (nome dun lugar e a correspondente parroquia en Piñor (OU)), Coiroa (lugar en Oza dos Ríos (CO)) e Coirón (dous lugares na Coruña e en Pontevedra respectivamente). Neste grupo debemos incluír o topónimo composto Lendecoira (lugar en Trabada, LU) e quizais tamén as formas derivadas Coiradas e Coirados (dous lugares situados en Outes (CO) e Marín (PO) respectivamente), así como O Coiral (lugar en Cesuras, CO).

Con todo, como apunta Búa (Búa_ToponimiaPrelatina, pp. 199-200), debemos ter en conta que algúns topónimos citados poderían proceder dunha forma *cor ou *cur diferente de *caur. Por exemplo, as formas Coiras poderían ser resultado da deglutinación de Escoiras. O autor sinala ademais que o topónimo Courel debe proceder dunha forma sen vogal [i] (ibid., p. 200), indicación que descartaría a súa procedencia directa de *corĭa ou *corĭo.

En Portugal tamén se rexistran, ao igual ca en Galicia, diversas formas que poderían derivar da raíz indoeuropea *caur-:

A forma Coura designa cinco lugares nos concellos de Caminha (Viana do Castelo), Vila Nova de Famalicão (Braga), Amarante (Porto), Castro Daire (Viseu) e Amamar (tamén en Viseu). Neste último caso, a correspondente parroquia tamén se denomina Coura. Outra parroquia con este nome rexistrámola no concello de Paredes de Coura (Viana do Castelo).

Desta voz Coura podería derivar, como diminutivo, a forma Courinha, que designa un lugar en Castro Daire (Viseu), onde por certo tamén se documenta a forma Coura como nome de lugar. No que respecta á forma Courela / Courelas, pola contra, todo parece indicar que se trata dun termo parcelario de procedencia latina empregado xa na Idade Media co significado de 'parcela de terra asignada' (Búa_ToponomiaPrelatina, p. 200).

A forma Couro, pola súa banda, documéntase no topónimo composto Rio de Couros (freguesía e lugar no concello de Ourém, no distrito de Santarém).

Paula Bouzas:  "Coirós", 

en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org 

[consultado en 08-05-2025].
Data: 16/11/2024
2584
no-portugues

Coordenadas: -8.16576 43.250045

Las coordenadas en el estado español proceden del IGE

×Cerrar

Visualización de capas

One fine body…

Close Save changes
Transcripción fonética
[kojˈɾɔs]
Audio
Probintzia
A Coruña
Bizilagunak
1.913 (2022)

Herritarren izena eta talde izengoitiak

Herritarren izena(k)

coirense

coirosá, coirosán

Sasigentilizioak
Daturik ez

Leku izenak sortutako jende izenak

Abizena
No ha generado apellido
Izena
Ez du jende izenik sortu

Bibliografia berezia

Bibliografiarik ez dago

Sinadurak

Erredakzioa: Paula Bouzas

Ministerio de ciencia
Xunta de Galicia
Instituto da Lingua Galega
UPNA
UAM
Universidad de Zaragoza

MCIN/AEI/10.23039/501100011033k finantzatu du Toponomasticon Hispaniae I+D+I proiektua. Aplikazio honek Galiziako Xuntak ikerketa guneen finkapenerako eta egituraketarako ematen dituen laguntzetako bat izan zuen.

Menú del pie

  • Pribatutasun politikak
  • Cookies politikak
  • Harremanetarako
-
-
-
-