Ir o contido principal
inicio
  • Consulta do dicionario
  • Resultados do proxecto
  • Bibliografía
  • Fontes
  • Acceso investigadores
esglcaeupt-ptast

*AMBA

*AMBA

Prerromano
Hidronimia » Corrente

Amba 'auga, río' é unha palabra prerromana con correspondencia en varias linguas célticas: : galo ambe ‘rivo’, inter ambes ‘inter rivos’, abrit. ambo-glana ‘beira do río'. Fronte a estas formas acabadas en vogal palatal (reconstruídas como *ambhi), na Península prevaleceu a forma en -a, máis característica da lingua prerromana indoeuropea, e, ademais do valor de ‘río’, está bien documentado o de ‘auga’, recoñecido por Pokorny (IEW) na raíz *enebh-: *nebh-, *embh-, *ṃbh- ‘húmido, auga’, de onde tamén ‘vapor, néboa, chuvia'. Delas procederían o ai. ámbhas- ‘auga de chuvia’, ambu ‘auga’, lat. nebula ‘néboa’, galo ambe ‘auga’, arm. amb ‘nube; co sufixo -ro-, tamén o lat. imber, imbris ‘chuvia’ vid. Bascuas_amba).

Consérvase na toponimia hispánica, sobre todo no composto con mestas (< lat. MIXTAS): gal. Ambasmestas (Lu, Le), Trambasmeras (Co), Ambosores (Co, Lu), cast. Entrambasmestas (Cantabria).

Sinaturas

Redacción: Ana Boullón

Ana Boullón:
" *AMBA ",
en Toponomasticon Hispaniae, proxecto financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org
Data: 02/10/2024

Topónimos vinculados a este étimo

Galego

Lugo
Ambasmestas
Ministerio de ciencia
Xunta de Galicia
Instituto da Lingua Galega
UPNA
UAM
Universidad de Zaragoza

O proxecto I+D+I Toponomasticon Hispaniae está financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. A presente aplicación contou cunha axuda para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas da Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Políticas de privacidade
  • Políticas de cookies
  • Contacto
-
-
-
-