ĂQUA
Latino
Hidronimia
Do latín ăqua (Gaffiot, pp.172-174), con orixe no indoeuropeo akʷā (IEW, pp. 23-25), proveñen o galego auga (dialectal agua, augua), o portugués água, o asturiano e o castelán agua, o leonés e o aragonés augua e o catalán aigua. O resultado agua do castelán, do asturiano e do galego occidental (cf. EQUA> egua) supoñen a evolución esperada nestas linguas. No galego común auga produciuse unha metátese do wau do grupo <gu>,e unha propagación regresiva deste no augua do galego, do leonés y do aragonés. Sobre as hipóteses para o catalán aigua, véxase Nieto_2012.
Redacción: Luz Méndez
Luz Méndez:
"
ĂQUA
",
en Toponomasticon Hispaniae, proxecto financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org
Data: 24/01/2024