Ir o contido principal
Volver a ToponHisp
  • Consulta do dicionario
  • Resultados do proxecto
  • Bibliografía
  • Fontes
  • Acceso investigadores
esglcaeupt-ptastan

Armental

Armental

Tipoloxía ou caracterización xeográfica

Lugar
Parroquia
Idioma do topónimo
Galego

Étimo

ARMĔNTĀRIUS
Latino
Deantroponímico » Nome persoal

Resumo xeral

De ARMENTARII, xenitivo do nome de posesor Armentarius ‘o que conduce os bois’, moi común entre os cristiáns, e que en principio foi nome de escravos. O cambio da terminación -ar > -al produciuse por disimilación do primeiro r, fenómeno inverso do que se observa en lugar < LOCALEM. A variante con -l documentámola no séc. XV.

Aspectos xeográficos, históricos, administrativos

Parroquia do concello da Peroxa, coa advocación San Salvador. No mesmo concello existe outra parroquia chamada San Cibrao de Armental.

Información específica de étimo para este topónimo

O antropónimo está rexistrado con frecuencia en Galicia desde a Alta Idade Media, como prenome e como patronímico: 

  • Armentarius 714 TCaaveiro, 
  • "Armentarius diaconus" 841 TVLugo
  • "Armentarius Siloni" 910 TVLugo
  • "Munius Armentari comes" 942 CDCelanova
  • " Arias Armentariz" 982 TSobrado

O topónimo, referido a outras entidades de poboación, documéntase desde o séc. X

  • "Villa Lauritello et villa Armentari et villa Todemondi" 922 LPCoimbra
  • "et alia inter Laurum Magnola, quod dicitur ad Mola et villa Armentarii" 924 TASantiago
  • "in villas pernominatas Ranal integra Va de Armental, alia adiunctione in Noceto, alia in Veriz et alia in Gallegos" 1125 TSamos. [Referido ó lugar de Armental (Castillón, Pantón, Lu).
  • "Iohannes Petri dictus Caroço miles de Armental" 1245 DocAsadur
  • "hereditatis de Villari de Armentar in terra de Nemancos" 1262 TToxosoutos

Documentación histórica

Antiga e medieval

  • "ecclesiam Sancti Saluatoris de Armentar [...] inde inter Armentar et Cesar, et inde inter Barani et Armentar"  1061 DocCoruña
  • "Touges. Armentar. Sanctum Ciprianum de Armentar . Lion. Cervania" 1157 CDACatOurense
  • "Sancti Saluatoris, Sancti Cipriani de Armentar" 1184 TVLugo
  • "ecclesie de Armental" 1245 CDACatOurense [unha das dúas parroquias da Peroxa, Ou]
  • "casale in termino de Armentar" 1272 CDOseira

Moderna

  • "ARMENTAL (San Salvador de): felig. en la prov., dióc. y part. jud. de Orense (2 1/2 leg.), y del ayunt. de Peroja (1/2): Sit. á la der. del Miño y en clima sano. ... Pobl.: 64 vec.: 258 alm." DicMadoz

Cognados e topónimos relacionados

En Galicia hai cinco lugares (O) Armental (Co2, Lu4, Ou1) e outro en Navia, na Asturias galegófona. Tamén hai tres parroquias, nos concellos de Vilasantar (Co), e dúas na Peroxa (Ou).

En Portugal tamén hai Armental en Braga.

Ana Boullón:  "Armental", 

en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org 

[consultado en 23-11-2025].
Data: 09/11/2025
6093
no-portugues

Coordenades:-7.82752676 42.47592118

As coordenadas no estado español proceden do IGE

×Cerrar

Visualización de capas

One fine body…

Close Save changes
Transcrición fonética
aɾmenˈtal
Audio
Provincia
Ourense
Poboación (INE)
107 (2023)

Xentilicio e alcumes colectivos

Xentilicio(s)
Sen datos
Pseudoxentilicio(s)
Sen datos

Antropónimos orixinados polo topónimo

Apelido
Armental
196 ocurrencias
Fonte: CAG

O apelido actual está maioritariamente implantado no Barbanza, o que permite supoñer que o foco de expansión foi o lugar homónimo da parroquia pobrense de Posmarcos. 

Armental
Nome
Non xerou nome persoal

Bibliografía específica

Non hai bibliografía

Sinaturas

Redacción: Ana Boullón

O proxecto I+D+I Toponomasticon Hispaniae está financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. A presente aplicación contou cunha axuda para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas da Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Políticas de privacidade
  • Políticas de cookies
  • Contacto
-
-
-
-