Armental
Tipoloxía ou caracterización xeográfica
Étimo, evolución, motivación
Resumen general
De ARMENTARII, xenitivo do nome de posesor Armentarius ‘o que conduce os bois’, moi común entre os cristiáns, e que en principio foi nome de escravos. O cambio da terminación -ar > -al produciuse por disimilación do primeiro r, fenómeno inverso do que se observa en lugar < LOCALEM. A variante con -l documentámola no séc. XV.
Aspectos históricos e administrativos
Parroquia do concello da Peroxa, coa advocación San Salvador. No mesmo concello existe outra parroquia chamada San Cibrao de Armental.
Información específica de étimo para este topónimo
O antropónimo está rexistrado con frecuencia en Galicia desde a Alta Idade Media, como prenome e como patronímico:
- Armentarius 714 TCaaveiro,
- "Armentarius diaconus" 841 TVLugo
- "Armentarius Siloni" 910 TVLugo
- "Munius Armentari comes" 942 CDCelanova
- " Arias Armentariz" 982 TSobrado
O topónimo, referido a outras entidades de poboación, documéntase desde o séc. X
- "Villa Lauritello et villa Armentari et villa Todemondi" 922 LPCoimbra
- "et alia inter Laurum Magnola, quod dicitur ad Mola et villa Armentarii" 924 TASantiago
- "in villas pernominatas Ranal integra Va de Armental, alia adiunctione in Noceto, alia in Veriz et alia in Gallegos" 1125 TSamos. [Referido ó lugar de Armental (Castillón, Pantón, Lu).
- "Iohannes Petri dictus Caroço miles de Armental" 1245 DocAsadur
- "hereditatis de Villari de Armentar in terra de Nemancos" 1262 TToxosoutos
Documentación histórica
Antigua y medieval
- "ecclesiam Sancti Saluatoris de Armentar [...] inde inter Armentar et Cesar, et inde inter Barani et Armentar" 1061 DocCoruña
- "Touges. Armentar. Sanctum Ciprianum de Armentar . Lion. Cervania" 1157 CDACatOurense
- "Sancti Saluatoris, Sancti Cipriani de Armentar" 1184 TVLugo
- "ecclesie de Armental" 1245 CDACatOurense [unha das dúas parroquias da Peroxa, Ou]
- "casale in termino de Armentar" 1272 CDOseira
Moderna
- "ARMENTAL (San Salvador de): felig. en la prov., dióc. y part. jud. de Orense (2 1/2 leg.), y del ayunt. de Peroja (1/2): Sit. á la der. del Miño y en clima sano. ... Pobl.: 64 vec.: 258 alm." DicMadoz
Cognados
En Galicia hai cinco lugares (O) Armental (Co2, Lu4, Ou1) e outro en Navia, na Asturias galegófona. Tamén hai tres parroquias, nos concellos de Vilasantar (Co), e dúas na Peroxa (Ou).
En Portugal tamén hai Armental en Braga.
en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org