Ir o contido principal
Volver a ToponHisp
  • Consulta do dicionario
  • Resultados do proxecto
  • Bibliografía
  • Fontes
  • Acceso investigadores
esglcaeupt-ptast

Castelo de Pallares

Castelo de Pallares

Tipoloxía ou caracterización xeográfica

Parroquia
Idioma do topónimo
Galego

Étimo

CASTĔLLU
Latino
Hábitat humano » Edificacións
PALEARE
Latino
Hábitat humano » Edificacións

Resumo xeral

Composto das palabras transparentes Castelo (lat. CASTĔLLU) e Pallares (< lat. PALEARES).

Aspectos xeográficos, históricos, administrativos

A parroquia documéntase desde o séc. XII coa mesma advocación, San Salvador. A documentación indica a existencia dun monasterio durante o séc. XIII, do que non hai restos, pero puideron estar situadas nos lugares de San Martiño e San Xillao (TopGuntín 28). Na parroquia hai dous lugares chamados Castelo Grande e Castelo Pequeno; no primeiro deles sitúase a igrexa parroquial e na segunda hai restos dun castro, que posiblemente lle deu o nome.

O condado de Pallares era un territorio medieval situado en parte no actual concello de Guntín. Foi un dos once en que se dividiu a diocese lucense, no concilio de Lugo de 559-570, congregado polo rei suevo Teodemiro, e confirmado polo seu fillo Miro en 572 ("sextus comitatus dicitur Pallarensis" ESagrada). Na relación de concellos establecida en 1835 figuraba o de Ferreira de Pallares, ata 1840, en que sería absorbido polo de Guntín. O nome do antigo condado subsiste en tres das súas parroquias: Castelo de Pallares, Ferreira de Pallares e Guntín de Pallares.

Documentación histórica

Antiga e medieval

Castelo:

  • "in loco predicto que uocitant Aluarim sub alpe montis Meta, sub aula Sancti Saluatori de Castelo" 1209 CDFPallares 315
  • "ad ecclesias Sancti Michaelis de Costante et Sancti Georgii et Sancti Saluatoris de Castelo" 1247 CDFPallares425
  • "ad ecclesiam Sancti Saluatoris de monasterio de Castello" 1215 CDFPallares 320-1
  • "maiordomi de Paliares Petri Arias de Castelo" 1250 CDFPallares 440

Pallares:

  • "baselica fundata esse cernitur territorio Pallares iuxta Ferraria" 922 CDLugoCañizares 104-106.
  • "In territorio Pallares uilla de Aurilio" 998  CDLugoCañizares 181-186.
  • "posuerunt diem Placiti in comitato Paliares" 1078 ESagrada, TVelloLugo.
  • "in territorio Palliaris porcionem nostram eiusdem monasterii quod Paliares vocitatur fundata ibi ecclesia in honore sancte Marie uirginis" 1119 CDLugoCañizares
  • "uillam in Auol que est in Paleares extra Lucensem terminum", "in terra de Paleares" 1119 CDVisLugo 499-503
  • "concedimus et confirmamus Uobis et Ecclesie Uestre Lucensi quatuor Ecclesias de Paleares integre cum uillis suis" 1181 TVelloLugo
  • "donationem et ampliationem quam fecit pater meus, rex domnus Ferdinandus, prenominate lucensi ecclesie, scilicet, ecclesias de Paleares de Ferraria et de Nigral cum cauto suo" 1189 AlfonsoIX 52-53

Moderna

  • "Castelo de Pallares (San Salvador de): felig. en la prov., dóc. y part. jud. de Lugo y ayunt. de Guntín" 1849 DicMadoz, tomo 12.

Cognados e topónimos relacionados

A palabra castelo é unha das máis frecuentes na toponimia galega: hai 85 lugares chamados Castelo ou O Castelo (ou como elemento de compostos) e catro (Os) Castelos (vid. Boullón_2021).

Ana Boullón:  "Castelo de Pallares", 

en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org 

[consultado en 11-05-2025].
Data: 04/11/2023
2856
no-portugues

Coordenades:-7.617474 42.905064

As coordenadas no estado español proceden do IGE

×Cerrar

Visualización de capas

One fine body…

Close Save changes
Transcrición fonética
kasˈtelo̝ðepaˈʎaɾe̝s
Audio
Provincia
Lugo
Poboación (INE)
116 (2022)

Xentilicio e alcumes colectivos

Xentilicio(s)
Sen datos
Pseudoxentilicio(s)
Sen datos

Antropónimos orixinados polo topónimo

Apelido
Castelo
2837 ocurrencias
Fonte: CAG

O topónimo Castelo documéntase desde o séc. XIII formando parte de nomes persoais. Como era un topónimo moi frecuente, está moi repartida polo territorio e non é fácil determinar cales foron os focos do apelido, pero pola súa distribución non parece que o de Guntín fose un deles.

Castelo
Apelido
Pallares
934 ocurrencias
Fonte: CAG

A distribución dos dous focos principais do apelido actual parece apuntar como foco a Pallares, en Monforte (Lu) e a Os Pallares, en Agolada (Po), non ó antigo territorio medieval situado en Guntín.

Pallares
Nome
Non xerou nome persoal

Bibliografía específica

Non hai bibliografía

Sinaturas

Redacción: Ana Boullón

O proxecto I+D+I Toponomasticon Hispaniae está financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. A presente aplicación contou cunha axuda para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas da Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Políticas de privacidade
  • Políticas de cookies
  • Contacto
-
-
-
-