Ir o contido principal
Volver a ToponHisp
  • Consulta do dicionario
  • Resultados do proxecto
  • Bibliografía
  • Fontes
  • Acceso investigadores
esglcaeupt-ptast

Santiso

Santiso

Tipoloxía ou caracterización xeográfica

Concello
Idioma do topónimo
Galego

Étimo

SANCTA, SANCTU
Latino
Onomástica
THYRSU
Latino
Deantroponímico » Haxiónimo

Ámbito semántico

Onomástica » Deantroponímico » Haxiónimo

Resumo xeral

Santiso é un haxiotopónimo con base no haxiónimo Sanctu Thyrsu, forma latina que remite á figura de San Tirso de Apolonia (Piel_Santos, § 51).

Aspectos xeográficos, históricos, administrativos

O municipio constituíuse no ano 1836 con diversas parroquias que pertenceran no Antigo Réxime ás xurisdiccións de Abeancos, Boente, Melide e couto de Vilar de Ferreiros, todas elas na provincia de Santiago. O nome procede da parroquia na que, daquela, se estableceu a casa consistorial (NavazaConcellosCor, p. 91).

Información específica de étimo para este topónimo

Santiso é un haxiotopónimo que remite ao haxiónimo Sanctu Thyrsu, forma latina que remite á figura de San Tirso de Apolonia (Piel_Santos, § 51). Santo Tirso foi un mártir cristián de Cesarea, finado en Apolonia contra mediados do século III e venerado na Península Ibérica dende antes do século VIII. O nome Thyrsus era cognome romano e procedía do grego antigo Θύρσος, forma que designaba unha vara simbólica asociada xeralmente ao deus grego Dionisio (ibid.).

Documentación histórica

Antiga e medieval

  • "nos damus tibi in prestimonium illud prestimonium quod de nobis tenet pater tuus in Linares et in Sancto Tirso" 1270 CDVilarDonas, doc. 44.

Moderna

  • "Santa Maria de Santiso" 1752 CME, p. 553.
  • "feligresia de Santiso" 1752 CME, p. 554.

Cognados e topónimos relacionados

Ademais da parroquia que lle dá nome ao concello, hai en Galicia cinco parroquias que presentan o haxiotopónimo de Santiso:

-          Santiso en Antas de Ulla (LU), Lalín (PO) e Maceda (OU)

-          Vilanova de Santiso en Malpica de Bergantiños (CO)

-          Santiso de Vuiturón en Muxía (CO)

O haxiotopónimo, baixo as variantes Santiso, San Tirso e Santo Tirso, designa tamén diversos núcleos menores de poboación:

-          Santiso. Ademais dos cinco lugares que lle dan nome ás parroquias citadas máis arriba, hai en Galicia outros sete lugares chamados Santiso nos seguintes concellos, respectivamente: A Fonsagrada (LU), Muras (LU), Aranga (CO), O Pino (CO), Sandurniño (CO), Touro (CO) e O Irixo (OU).

-          San Tirso. Dous lugares, un en Outes (CO) e outro en Silleda (PO)

-          Santo Tirso. Lugar en Sober (LU).

En Portugal rexístrase como topónimo únicamente a forma Santo Tirso: unha vez como nome dun lugar no concello de Celorico de Basto (distr. Braga) e outra como nome dun lugar, parroquia e concello no distrito de Porto.

Por último, rexistramos Santiso como nome de lugar no concello de Ibias (Asturias), lindeiro coa Fonsagrada e Navia de Suarna.

Paula Bouzas:  "Santiso", 

en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org 

[consultado en 12-05-2025].
Data: 23/08/2024
1869
no-portugues

Coordenades:-8.038688 42.84602

As coordenadas no estado español proceden do IGE

×Cerrar

Visualización de capas

One fine body…

Close Save changes
Transcrición fonética
[sanˈtiso̝]
Provincia
A Coruña
Poboación (INE)
1509 (2022)

Xentilicio e alcumes colectivos

Xentilicio(s)

santiseira, santiseiro (Costas_Xentilicios)

santisesa, santisés

Pseudoxentilicio(s)
Sen datos

Antropónimos orixinados polo topónimo

Apelido
Santiso
1839 ocurrencias
Fonte: CAG

En Galicia documéntanse dous apelidos procedentes do haxiónimo Sanctu Thyrsu: Santiso e Santirso. A forma máis frecuente é a popular (con asimilación da vibrante), que se estende por todo o territorio, aínda que en desigual medida. Os casos de Santirso son menos frecuentes e concéntranse no concello de Vigo.

Santiso
Apelido
Santirso
11 ocurrencias
Fonte: CAG
Santirso
Nome
Non xerou nome persoal

Bibliografía específica

Non hai bibliografía

Sinaturas

Redacción: Paula Bouzas

O proxecto I+D+I Toponomasticon Hispaniae está financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. A presente aplicación contou cunha axuda para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas da Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Políticas de privacidade
  • Políticas de cookies
  • Contacto
-
-
-
-