Ir o contido principal
Volver a ToponHisp
  • Consulta do dicionario
  • Resultados do proxecto
  • Bibliografía
  • Fontes
  • Acceso investigadores
esglcaeupt-ptast

Taboada

Taboada

Tipoloxía ou caracterización xeográfica

Concello
Idioma do topónimo
Galego

Étimo

TABŬLĀTA
Latino
Oronimia » Chaira

Derivado

Resumo xeral

Do latín tabǔlāta, 'pequena construción feita con táboas'.

Aspectos xeográficos, históricos, administrativos

Segundo Delgado Gómez (2006), o nome do actual concello de Taboada está relacionado co de Ponte Taboada (concello de Santiso), que procede dunha ponte de táboas construída sobre o río Deza no ano 912, como consta aínda hoxe nunha inscrición nunha pena a carón da ponte; unía as terras limítrofes dos actuais concellos de Silleda e Lalín. Outra inscrición do mesmo ano testemuña a construción doutra ponte sobre o río Arnego na actual parroquia de Cadrón (Lalín), que continuaba o mesmo camiño real. Na documentación medieval consta xa unha terra de Taboada no séc. XIII. A liñaxe dos Taboada foi iniciada por Arias Pérez de Taboada, no mesmo século, e as súas posesións incluían a dita Ponte Taboada. Era orixinario da parroquia Sancte Marie de Tabulata, hoxe Taboada dos Freires (Santa María). O emblema heráldico desta casa nobre (condado outorgado en 1683, GEG) contén catro táboas verticais, en referencia á primitiva ponte de táboas. O actual concello contenas tamén no seu escudo.

O concello constituíuse en 1840, coa denominación da xurisdición da zona. Actualmente, ademais do concello, levan o nome a parroquia Taboada dos Freires (en referencia aos templarios, segundo Delgado Gómez 2006: 107-109), un lugar desta parroquia e outro da de Carballo (San Tomé) (NG).

Información específica de étimo para este topónimo

O topónimo rexístrase desde o séc. XIII coa forma Tabulata, que evolucionou regularmente con perda do -l- ao moderno Taboada; outra evolución alternativa tívoa Trabada (véxase). 

Documentación histórica

Antiga e medieval

  • "Eguidius Ade[fonsi] prestameiro in Tabulata et maiordomus" 1232 CDOseira, p.349
  • "Sancto Johanne de Prigazon, de Usadra, de Tauoada" 1244 CDLugoCañizares pp. 185-187
  • “domno Egidio Fernandi tenente terram de Tabulata” 1252 CDOseira, pp. 650-651  
  • "Arias Petri de Tabulata, miles" 1254 CDOseira, pp. 678-679 [testamento]
  • “Et mando ecclesie sancti Iacobi hereditatem meam de Devessa et de Relles et quantum habeo a Ponte Tabulate” 1257 CDOseira pp. 753-754  [Ponte Taboada, en Silleda]
  • "unum est in Castro sub aula de santi Vereximo de Tavuoada” 1264 CDOseira, pp. 868-869  [San Breixo, igrexa desaparecida entre Cerdeda e Bouzoa: vid. Delgado Gómez 2006: 15]
  • “domnus Arie Petri de Tauoada” 1257 CDFPallares, pp. 483-484 
  • “Mathei Iohannis, notarii iurati in terra de Taboada” 1324 CDAsmaChantada, pp. 246-248 
  • "freygesya de San Lourenço de Gondulfe, que he en terra de Taboada, do alfoz de Chantada" 1463 CDVilarDonas p. 417
  • "Santa Maria de Tabuada" 1494 CDVilarDonas p. 514

Moderna

  • Taboada 1752 CME
  • Taboada 1806-1870  DicMadoz

Cognados e topónimos relacionados

En territorio galego existen outros cognados, algúns coa mesma evolución:  

  • Lugares: Taboada (Carballo, Co; Cesuras, Co; Ferrol, Co; Monfero, Co; O Pino; Co; Taboada, Lu, Vila de Cruces, Po), A Taboada (Val do Ubra, Co), A Ponte Taboada (Silleda, Po), Taboada dos Freires (Taboada, Lu).  
  • Parroquias: Taboada (Monfero, Co; Silleda, Po) 

E con derivados:  

  • Taboadela (lugar en Muíños, Ou; Paderne de Allariz, Ou; Taboadela, Ou), Taboadelo (lugar en Forcarei, Po; A Lama, Po; Ponte Caldelas, Po)  

e outros con variación evolutiva: 

  • A Trabada (lugar en Alfoz, Lu) Trabada (concello e lugar en Trabada, Lu)
Ana Boullón:  "Taboada", 

en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org 

[consultado en 11-05-2025].
Data: 18/03/2023
131
no-portugues

Coordenades:-7.762871 42.715966

As coordenadas no estado español proceden do IGE

×Cerrar

Visualización de capas

One fine body…

Close Save changes
Transcrición fonética
taˈβo̯aða, taˈβwaða
Audio
Provincia
Lugo
Poboación (INE)
2716

Xentilicio e alcumes colectivos

Xentilicio(s)

Taboadés, taboadesa

Pseudoxentilicio(s)
Sen datos

Antropónimos orixinados polo topónimo

Apelido
Taboada
9114 ocurrencias
Fonte: CAG

Os apelidos proceden en parte deste concello, pero tamén dunha parroquia de Silleda, como demostra a súa numerosa presenza na terra de Deza.

Nome
Non xerou nome persoal

Bibliografía específica

Ares Vázquez, Nicandro. 2011. “Toponimia do concello de Taboada”, en Estudos de toponimia galega. A Coruña: Real Academia Galega.  

Delgado Gómez, Jaime. 2006. Origen del topónimo y luego apellido “Taboada”: el célebre “Arias Petri de Tabulata” y la románica iglesia de Taboada dos Freires. Lugo: La Voz de la Verdad. 

Sinaturas

Redacción: Ana Boullón

Revisión: - 

Contribucións puntuais: - 

Escudo de Taboada

Escudo de Taboada

O proxecto I+D+I Toponomasticon Hispaniae está financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. A presente aplicación contou cunha axuda para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas da Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Políticas de privacidade
  • Políticas de cookies
  • Contacto
-
-
-
-