Skip to main content
Tornar a ToponHisp
  • Consulta del diccionario
  • Resultados del proyecto
  • Bibliografía
  • Fuentes
  • Accesu investigadores
esglcaeupt-ptast

Lavandeira, A

Lavandeira, A

Tipoloxía ou caracterización xeográfica

Lugar
Idioma del topónimo
Galego

Étimu

LAVANDARIA
Prerromano
Hidrotoponimia

Resume xeneral

Aínda que se asocia co verbo lavar, de orixe latina, é posible que a súa orixe sexa unha raíz prelatina (que tamén deu lugar ao lat. lauo), correspondente ó indoeuropeo *lou-, lou̯ə- (IEW 1200). Na terminación poden distinguirse dous sufixos: -nd-, indoeuropeo, e -ARIA, latino.

Aspectos xeográficos, históricos, administrativos

Era inicialmente o nome dun río (o rego de Lavandeira) que atravesa a parroquia de Valboa (concello de Trabada), e pasou a designar un monte próximo (As Rigueiras de Lavandeira) e o núcleo de poboación, no mesmo concello (MarquésValea_2018).

Información específica d'étimu pa esti topónimu

Lavandeira é un topónimo bastante común na toponimia maior galega (40 lugares no NG) e habitualmente designa zonas anegadas polo desbordamento dun curso de auga. Pero o feito de que moitos destes topónimos estean a moita distancia de núcleos habitados fai rexeitar a relación con lavadoiros ou lavadouros (voz común para o lugar onde se lavaba). Parece máis probable que sexa de orixe prerromana. Foi posta en relación coa raíz prelatina nava (de onde Navia ou Navea), pero o feito de que apareza historicamente sempre con L- e que outros topónimos hoxe con N- apareceran tamén con L- (como Navallos), apuintan a unha raíz lou-, lou̯ə- 'lavar' (IEW), que está tamén na orixe do verbo latino lavare, de onde o galego lavar (Navaza_2014).

O sufixo -nd- foi interpretado como indoeuropeo (véxase Calanda) por Villar_2011. A terminación -eira é claramente latina, o sufixo -ARIA.

A motivación toponímica a partir do nome dun paxaro (da familia dos motacílidos DRAG) non parece clara para un topónimo, como tampouco a de "muller que ten como oficio lavar a roupa", tendo en conta a súa abundancia desde o séc. X.

Encontramos atestacións dos distintos Lavandeira galegos desde o séc. X, algúns con referencias hidronímicas expresas:

  • "Casal de Lavandeiras" 916 ESagrada
  • "senra de Lavandaria" 982 TSamos
  • "alia quam dicunt Lavandaria patent iacentia territorio Bubalo discurriles aquas rivulo Mineo" 1003 TCelanova
  • "rio de Lavandaria" 1011 TCelanova
  • " inter Lavandeyram et Fraxinum" 1183 TBSantiago
  • " illas leyras de Lauandaria et de Monasterio" 1185 TSobrado
  • "nostrum casale de Fornelis et casale de Lavandeyra et Terradigos de monte de Avelaeda et casale de Foramontanis" 1254 CDMelón
  • "su sino de Sam Pedro de Lavandeira" 1394 CDOseira
  • "ẽno chouso de Pedroso, que disen da Lavandeira, que he ẽna fiigresia de San Mamede de Moldes, a qual leira et viña vay de longo da hũa parte con a congostra publica que vay para o porto da Lavandeira, onde esta o moiño de Domingo Marquon" 1433 MNPontevedra

Documentación histórica

Moderna

  • Labandéira 1863-1871 (Nomenclátor oficial, citado por MarquésValea_2018)
  • "Labandeira: l. en la prov. de Lugo, ayunt. de Trabada y felig. de Santa Maria Magdalena de Balboa. Pobls: 11 vec., 56 alm." 1850 DicMadoz
  • Lavandeira (grafía desde el Nomenclátor de 1888, citado por MarquésValea_2018)

Paisax toponímicu de la rodiada

Na mesma parroquia hai un rego de Navia e O Navallo, afluente do río do Requeixo. Son tres hidrónimos de común orixe prelatina.

Cognaos y topónimos rellacionaos

Hai outros 40 lugares (A) Lavandeira en Galicia, repartidos por todo o territorio.

Ana Boullón:  "Lavandeira, A", 

en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org 

[consultado en 14-05-2025].
Fecha: 02/10/2024
4229
no-portugues

Coordenadas: -7.1220403 43.46013213

Las coordenadas en el estado español proceden del IGE

×Cerrar

Visualización de capas

One fine body…

Close Save changes
Transcripción fonética
laβanˈdejɾa̝
Ensin provincia
Lugo
Población
1 (2023)

Xentiliciu y nomatos coleutivos

Xentiliciu/-os
Ensin datos
Pseudoxentiliciu/-os
Ensin datos

Antropónimos orixinaos pol topónimu

Apellíu
No ha generado apellido
Nome
Nun xeneró nome personal

Bibliografía específica

Nun hai bibliografía

Robla

Redaición: Ana Boullón

Ministerio de ciencia
Xunta de Galicia
Instituto da Lingua Galega
UPNA
UAM
Universidad de Zaragoza

El proyeutu I+D+I Toponomasticon Hispaniae ta financiáu pol MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. La presente aplicación cuntó con una ayuda pa la consolidación ya estruturación d'unidaes d'investigación competitives de la Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Polítiques de privacidá
  • Polítiques de cookies
  • Contautu
-
-
-
-