Ir o contido principal
Volver a ToponHisp
  • Consulta do dicionario
  • Resultados do proxecto
  • Bibliografía
  • Fontes
  • Acceso investigadores
esglcaeupt-ptast

Aldea Vella, A

Aldea Vella, A

Tipoloxía ou caracterización xeográfica

Lugar
Idioma do topónimo
Galego

Étimo

ḌÁYʿA
Árabe
Hábitat humano » Poboación
VĔT(Ŭ)LA, VĔT(Ŭ)LU
Latino
Valoración » Calidade

Resumo xeral

Composto de significado transparente.

Aspectos xeográficos, históricos, administrativos

É unha aldea da parroquia de Lesón, na Pobra do Caramiñal.

Información específica de étimo para este topónimo

Aldea é un dos topónimos máis frecuentes no NG: só, con artigo ou en composición, está presente en 134 núcleos. Con todo, este préstamo árabe ten presenza relativamente tardía na documentación galega, pois, para referirse a entidades de poboacións galegas só aparece no séc. XIII: (“in aldea de Pineyra de predicto monasterio” a.1223, CDFPallares), pero experimentou unha gran difusión a partir desa época (Boullón_2021). É, por tanto, un préstamo romance relativamente tardío no léxico e na toponimia galega.

Cognados e topónimos relacionados

No NG hai outras dúas poboacións homónimas: A Aldea Vella (Ribeira, Co) e A Aldeavella (Trazo, Co).

Ana Boullón:  "Aldea Vella, A", 

en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org 

[consultado en 12-05-2025].
Data: 30/12/2023
2895
no-portugues

Coordenades:-8.94691622 42.62827083

As coordenadas no estado español proceden do IGE

×Cerrar

Visualización de capas

One fine body…

Close Save changes
Transcrición fonética
aːlˈdea̝ˈβɛʎa̝
Provincia
A Coruña
Poboación (INE)
4 (2022)

Xentilicio e alcumes colectivos

Xentilicio(s)
Sen datos
Pseudoxentilicio(s)
Sen datos

Antropónimos orixinados polo topónimo

Apelido
Non xerou apelido
Nome
Non xerou nome persoal

Bibliografía específica

Non hai bibliografía

Sinaturas

Redacción: Ana Boullón

O proxecto I+D+I Toponomasticon Hispaniae está financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. A presente aplicación contou cunha axuda para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas da Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Políticas de privacidade
  • Políticas de cookies
  • Contacto
-
-
-
-